Ola! Aquí estamos de novo. E por que? Porque comezamos novos temas desta asignatura. E cales son? Pois...
EXPLORAMOS A LOCALIDADE. E cal é a nosa?
O CONCELLO DE OLEIROS, verdade?
Están nas páxinas 162 á 173, e, do concello de Oleiros, ímosche dar un cuadernillo.
Que traballaremos neles? Aquí o tes:
- Aldeas, vilas e cidades. Os barrios e os lugares. Os cidadáns.
- Elementos, organización e funcionamento das localidades.
- Comparación e identificación de elementos entre vilas e cidades.
- Descrición das características e as funcións dos elementos do concello de Oleiros e do seu lugar, o Porto de Santa Cruz.
- Localización do concello, dos distintos servizos cidadáns e das producións artísticas e culturais do concello de Oleiros.
- Identificación dos principais sinais de tráfico.
- Disposición favorable para asumir pautas e consellos que melloren as condicións físicas da localidade e a convivencia entre os cidadáns.
- Respecto polas normas e sinais de tráfico.
- Valoración das producións artísticas e culturais do concello de Oleiros.
E cando te examinarás deles? Ben, xa cho notificaremos no seu momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario