jueves, 22 de marzo de 2012

NOVO TEMA DE MEDIO

Ola! Aquí estamos de novo. E por que? Porque comezamos novos temas desta asignatura. E cales son? Pois...
EXPLORAMOS A LOCALIDADE. E cal é a nosa?
O CONCELLO DE OLEIROS, verdade?
Están nas páxinas 162 á 173, e, do concello de Oleiros, ímosche dar un cuadernillo.
Que traballaremos neles? Aquí o tes:
  • Aldeas, vilas e cidades. Os barrios e os lugares. Os cidadáns.
  • Elementos, organización e funcionamento das localidades.
  • Comparación e identificación de elementos entre vilas e cidades.
  • Descrición das características e as funcións dos elementos do concello de Oleiros e do seu lugar, o Porto de Santa Cruz.
  • Localización do concello, dos distintos servizos cidadáns e das producións artísticas e culturais do concello de Oleiros.
  • Identificación dos principais sinais de tráfico.
  • Disposición favorable para asumir pautas e consellos que melloren as condicións físicas da localidade e a convivencia entre os cidadáns.
  • Respecto polas normas e sinais de tráfico.
  • Valoración das producións artísticas e culturais do concello de Oleiros.
E cando te examinarás deles? Ben, xa cho notificaremos no seu momento. 


martes, 20 de marzo de 2012

CÓMIC

Ola, aquí tes as normas para confeccionar o teu "cómic"!
1.    Practico en follas a suxo, tanto os debuxos coma as letras dos textos.
2.    Cando o pase a limpo, QUE FAGO?
1)    Realizo primeiro o debuxo a lapis, que ten que estar sempre MOI AFIADO, e fágoo “suaviño”, para poder borrar ben, se me equivoco. TEÑO QUE TER EN CONTA O ESPAZO QUE VAN OCUPAR os “bocadillos” e os textos de apoio.
2)   Trazo os globos ou os textos de apoio: NON OS PODO FACER TORTOS e NON SAIRÁN DAS BOCAS DE NINGÚN DOS PERSONAXES, apuntarán cara eles. O bocadillo da esquerda será para quen fale primeiro!
3)   Unha vez feitos, os debuxos, os globos e as cartelas cos textos de apoio, escribo os textos, coidando moitísimo a LETRA, que ten que ser CLARA e LEXIBLE. Pensade que non escribides para vós, senón para ser lidos polos demais!
Coidade tamén a ORTOGRAFÍA!
4)   Paso todos os textos cun rotulador negro de punta fina. FÁGOO DE ESQUERDA Á DEREITA E DE ARRIBA A ABAIXO.
5)   Rotulo TODAS AS LIÑAS dos bocadillos e textos de apoio con ese mesmo rotulador. FÁGOO tamén DE ESQUERDA Á DEREITA E DE ARRIBA A ABAIXO.
6)   Cando estea ben seca a tinta, borro moi ben os restos de lapis.
7)   A continuación, coloreo o interior dos debuxos a rotulador; pero non dos globos ou cartelas de apoio. FÁGOO sempre na mesma dirección; é dicir, se comecei de esquerda á dereita, sempre nese sentido, e, se o fixen, de arriba a abaixo, sempre así tamén.
8)   Ao rematar o anterior, repaso coa mesma color que utilicei para cada parte dos meus debuxos OS CONTORNOS das miñas figuras. Se é posible, sempre nun ton máis escuro ca o do interior.
9)   E, por último, coloreo cun plastidecor, os fondos das miñas viñetas. FÁGOO sempre na mesma dirección; é dicir, se comecei de esquerda á dereita, sempre nese sentido, e, se o fixen, de arriba a abaixo, sempre así tamén.

LEMBRO que o teño que entregar, TOTALMENTE REMATADO, o martes 10 de abril; xusto á volta das vacacións de Semana Santa.

miércoles, 14 de marzo de 2012

PROGRAMACIÓN linguas galega e española

Ola, outra vez á carga! Comezamos novos temas de lingua galega e de española.
<><> <><> <><>

TEMA 7

LINGUA ESPAÑOLA

LINGUA GALEGA

Lectura

La Luna y el Sol, páxs. 86 á 88

Por que a auga do mar é salgada?, páxs. 78 á 80
Vocabulario
Palabras compuestas, páx. 89
A auga, páx. 86
Ortografía
Palabras con br e bl (tema 11), páxs. 146, 147
Palabras con mp e mb (tema 12), páxs. 144, 145
Gramática
O xénero e o número dos adxectivos (tema 12), páxs. 156, 157

Os adxectivos (tema 11), páxs. 130, 131
Expresión escrita
TÉCNICA de escritura: cambiar a orde das palabras, páx. 94

Escribir diálogos (tema 8), páx. 99
Expresión oral
Tomar notas/Pronunciar ben, páx. 95
Escoitamos cunha atención especial/Comentamos unha noticia, páx. 81

Obradoiros


Obradoiro de poesía: A auga do río, páx. 88

Son capaz de


Mellorar a presentación dun texto, páx. 89
Contade con que os remataremos, aproximadamente, dentro de quince días; polo que vos examinaredes destes e dos anteriores NA SEMANA que vai do 10 ao 13 de abril. SE HAI ALGÚN CAMBIO, volo notificaremos.
ÁNIMO, e a seguir atendendo, traballando, estudando... para obter MOI BOS RESULTADOS!


lunes, 12 de marzo de 2012

CAMBIO NA DATA DO EXAME DE MEDIO

Temos unha MODIFICACIÓN na data que vos propuxéramos:

. MEDIO: mércores, 21 de marzo.

NOTA: Non deixedes de estudar ou de repasar os temas de español e de galego, xa que ao regreso das vacacións de Semana Santa teremos os exames destas dúas asignaturas. 

lunes, 5 de marzo de 2012

PROGRAMACIÓN DE MATEMÁTICAS

Ola de novo! Esta semana imos comezar o novo tema de matemáticas. Cal é? Pois, A DIVISIÓN. É o tema  11 do libro e está nas páxinas 138 á 147!
AH! NON ESQUEZADES SEGUIR TRABALLANDO A SUMA, A RESTA LEVANDO E A MULTIPLICACIÓN, e seguide a REPASAR AS TÁBOAS!
. Que traballaremos na DIVISIÓN? Pois...
  • A división como operación inversa da multiplicación.
  • A división exacta. Reparto non exacto. A división non exacta.
  • Identificación dos termos da división e automatización do algoritmo.
  • A proba da división.
  • Escritura e realización da división que resolve un problema de reparto formulado como inverso da multiplicación.
  • Resolución de problemas nos que se utiliza a división exacta ou enteira.
  • Utilización do concepto de "inversa da multiplicación"  para elaborar estratexias de cálculo en situacións en que intervén a división.
  • Explicación oral do proceso de resolución de problemas de dividir.
  • Uso de diferentes linguaxes para describir situacións de división.
  • Resolución de problemas con elección entre distintos resultados e comprobación.
  • Curiosidade por indagar a relación entre a división e a multiplicación.
  • Valoración positiva da utilidade da división na resolución de repartos e agrupacións na vida cotiá.
  • Interese por coñecer estratexias de cálculo para dividir baseadas na condición de inversa da multiplicación.
  • Perseverancia e constancia no proceso de busca de solucións a un problema de división.

domingo, 4 de marzo de 2012

RESEÑAS DE LIBROS

Se picades na páxina QUE LIBROS NOS GUSTA LER, que está agora no lateral dereito,  podedes ver os que vós recomendastes. E A SEGUIR LENDO, tal e coma estades a facer!