Para que saibades que é o que estamos dando:
COÑECEMENTO DO MEDIO
. Tema 7 do libro: ASÍ SOMOS AS PERSOAS, páxs. 80 á 91.
- CONTIDOS
- Partes externas do corpo humano e características sexuais externas.
- Os aparatos implicados nas distintas funcións vitais e o estudo pormenorizado do aparato locomotor.
- As características xerais e diferenciadoras do ser humano.
- Localización das partes externas do corpo e de órganos dos distintos aparatos.
- Confección e interpretación de gráficos de evolución de pesos e estaturas.
- Respecto cara ás diferenzas sexuais e coidado do propio corpo.
- Valoración das producións artísticas humanas como manifestacións dunha función de relación moi desenvolvida.
- Toma de conciencia das características que diferencian aos seres humanos doutros animais, e da nosa responsabilidade na evolución do planeta.
- EXAME DO TEMA ao redor do venres 27 de xaneiro!
LINGUA GALEGA
- Tema 4: A GALIÑA DOS OVOS DE OURO, páxs. 42 á 44; 50; 96 e 97; 70 e 71; 63; 45; 52 e 53.
. CONTIDOS:
- Lectura de "As galiñas dos ovos de ouro", páxs. 42 á 44.
- Vocabulario: Partes dun animal, páx. 50.
- Ortografía: Palabras con "x", páxs. 96 e 97.
- Gramática: Clases de sílabas, páxs. 70 e 71.
- Expresión escrita: Escribir unha felicitación, páx. 63.
- Comunicación oral: Sabemos de que se trata. Iniciamos unha conversa, páx. 45.
- Obradoiros: Obradoiro de xogos, páx. 52.
- Son capaz de... Ordenar un ficheiro, páx. 53.
LINGUA ESPAÑOLA
- Tema 4: Grande viajes, páxs. 44 á 46; 47; 90, 91 e 96; 78 e 79; 52 e 53; 54 e 55.
CONTIDOS
- Lectura: Grandes viajes, páxs. 44 á 47.
- Vocabulario: Familia de palabras, páx. 47.
- Ortografía: O son "r forte", páxs. 78 e 79.
- Gramática: Os substantivos, páxs. 90 e 91.
- Expresión escrita: A descrición de obxectos, páxs. 52 e 53.
- Obradoiro de poesía e obradoiro de xogos, páxs. 54 e 55.
Dos temas de lingua española e de lingua galega, faremos exames cando rematemos os temas seguintes a estes. Neles, tamén entrarán preguntas dos temas que xa demos no curso!
MATEMÁTICAS
Tema 5: As rectas e os ángulos, páxs. 55 á 64.
Contidos:
- O punto, a liña recta, o segmento rectilíneo.
- Identificación e comparación de segmentos.
- Debuxo de segmentos iguais a outros dados. Utilización da regra para comparar e trazar segmentos.
- O ángulo: lados e vértices.
- Ordenación de ángulos de maior a menor.
- Identificación en obxectos cotiás de ángulos.
- Tipos de rectas: paralelas, secantes e perpendiculares.
- Identificación en obxectos cotiás dos diferentes tipos de rectas.
- As liñas poligonais, os polígonos e os seus elementos: lados, vértices e ángulos.
- Recoñecemento e conteo dos segmentos que forman unha liña poligonal.
- Distinción e debuxo de liñas poligonais abertas e pechadas.
- Identificación e enumeración dos elementos dun polígono.
- Construción de polígonos a partires dunha liña de puntos.
- Debuxo de polígonos e observación das regularidades e as relacións existentes entre eles.
- REPASO DE SUMAS E RESTAS
- PROBLEMAS CON ESTAS OPERACIÓNS
EXAME deste tema ao redor do martes 31 de xaneiro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario