Imos comezar novos temas, así que... PREPARÁDEVOS para anotar!
EN MEDIO: "Conservamos a nosa saúde", páxs. 92 á 101 do libro.
CONTIDOS:
EXAME do tema: martes 14 de febreiro.
EN MEDIO: "Conservamos a nosa saúde", páxs. 92 á 101 do libro.
CONTIDOS:
- Tipos de alimentos e as funcións das substancias que os compoñen.
- As características dunha dieta saudable e os hábitos alimentarios saudables.
- Actividades saudables e organización do tempo de traballo e de ocio.
- Identificación dos nutrientes que conteñen os alimentos e clasificación destes.
- Descrición de pautas para seleccionar alimentos e confeccionar dietas sas.
- Interpretación de informacións nutricionais dos alimentos.
- Descrición de diversas accións de coidado do corpo e da mente.
- Elaboración dun plan de traballo e de ocio.
- Actitude favorable para a incorporación de hábitos de saúde e hixiene.
- Disposición para incorporar pautas e elementos que facilitan a organización do tempo de traballo e do tempo de ocio, e o consumo responsable.
EN GALEGO: "Uns animaliños ben proveitosos", páxs. 54 á 56; 57; 62; 64; 75; 94 e 95; 108 e 109.
- Lectura: Uns animaliños ben proveitosos, páxs. 54 á 56.
- Comunicación oral: "Escoitar narracións de contos" e "Resumir un conto coñecido", páx. 57.
- Vocabulario: Traballos en clase, páx. 62.
- Obradoiro de poesía: Bolboreta, páx. 64.
- Expresión escrita: Escribimos un conto (I), páx. 75.
- Gramática: O xénero nos substantivos, páxs. 94 e 95.
- Ortografía: A partición ao final de liña, páxs. 108 e 109.
Teremos o exame dos temas 4 e 5 aproximadamente o 13 de febreiro. (Repasade tamén o que demos nos anteriores!)
EN ESPAÑOL: El burro requetelisto, páxs. 58, 59 e 60; 61; 116 e 117; 92 e 93; 66 e 67.
Lectura: El burro requetelisto, páxs. 58 á 60.
Vocabulario: A orde das palabras no dicionario, páx. 61.
Gramática: O número dos substantivos, páxs. 116 e 117.
Ortografía: O son "j", páxs. 92 e 93.
Expresión escrita: Inserir ou suprimir elementos nun texto, páx. 66.
Comunicación oral: Comprender noticias e falar por teléfono, páx. 67.
TEREMOS O EXAME de español dos temas 4 e 5 ao redor do mércores 8 de febreiro! REPASADE TAMÉN OS ANTERIORES!
EN MATEMÁTICAS: A multiplicación, páxs. 69 á 89.
Que traballaremos: A escritura da multiplicación. A multiplicación como suma de sumandos iguais. Os termos da multiplicación: factores e produto, multiplicando e multiplicador. A propiedade conmutativa da multiplicación. Diferentes posicións do algoritmo da multiplicación: a posición vertical e a posición horizontal. As táboas de multiplicar do 2 ao 10. A multiplicación da decena e a serie do dez. Produto por decenas.Automatización da multiplicación con decenas, centenas e unidades de millar. Multiplicar por un número seguido de ceros. A multiplicación levando. O produto de tres factores. Problemas con multiplicacións.
E COMO NON, seguiremos traballando a suma e a resta con levadas, e problemas con operacións combinadas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario