domingo, 22 de enero de 2012

programación 23 de xaneiro ao 10 de febreiro

Imos comezar novos temas, así que... PREPARÁDEVOS para anotar!

EN MEDIO: "Conservamos a nosa saúde", páxs. 92 á 101 do libro.

CONTIDOS:

- Tipos de alimentos e as funcións das substancias que os compoñen.

-  As características dunha dieta saudable e os hábitos alimentarios saudables.

-  Actividades saudables e organización do tempo de traballo e de ocio.

-  Identificación dos nutrientes que conteñen os alimentos e clasificación destes.

-  Descrición de pautas para seleccionar alimentos e confeccionar dietas sas.

-  Interpretación de informacións nutricionais dos alimentos.

-  Descrición de diversas accións de coidado do corpo e da mente.

-  Elaboración dun plan de traballo e de ocio.

-  Actitude favorable para a incorporación de hábitos de saúde e hixiene.

-  Disposición para incorporar pautas e elementos que facilitan a organización do tempo de traballo e do tempo de ocio, e o consumo responsable.

EXAME do tema: martes 14 de febreiro. 

EN GALEGO: "Uns animaliños ben proveitosos", páxs. 54 á 56; 57; 62; 64; 75;  94 e 95; 108 e 109.
  • Lectura: Uns animaliños ben proveitosos, páxs. 54 á 56.
  •  Comunicación oral: "Escoitar narracións de contos" e "Resumir un conto coñecido", páx. 57.
  • Vocabulario: Traballos en clase, páx. 62.
  • Obradoiro de poesía: Bolboreta, páx. 64.
  • Expresión escrita: Escribimos un conto (I), páx. 75.
  • Gramática: O xénero nos substantivos, páxs. 94 e 95.
  • Ortografía: A partición ao final de liña, páxs. 108 e 109.
Teremos o exame dos temas 4 e 5 aproximadamente o 13 de febreiro. (Repasade tamén o que demos nos anteriores!)

EN ESPAÑOL: El burro requetelisto, páxs. 58, 59 e 60; 61; 116 e 117; 92 e 93; 66 e 67.
 
 Lectura: El burro requetelisto, páxs. 58 á 60.
 Vocabulario: A orde das palabras no dicionario, páx. 61.
 Gramática: O número dos substantivos, páxs. 116 e 117.
 Ortografía: O son "j", páxs. 92 e 93.
 Expresión escrita: Inserir ou suprimir elementos nun texto, páx. 66.
 Comunicación oral: Comprender noticias e falar por teléfono, páx. 67.

TEREMOS O EXAME de español dos temas 4 e 5 ao redor do mércores 8 de febreiro! REPASADE TAMÉN OS ANTERIORES!

EN MATEMÁTICAS: A multiplicación, páxs. 69 á 89.

Que traballaremos: A escritura da multiplicación. A multiplicación como suma de sumandos iguais. Os termos da multiplicación: factores e produto, multiplicando e multiplicador. A propiedade conmutativa da multiplicación. Diferentes posicións do algoritmo da multiplicación: a posición vertical e a posición horizontal. As táboas de multiplicar do 2 ao 10. A multiplicación da decena e a serie do dez. Produto por decenas.Automatización da multiplicación con decenas, centenas e unidades de millar. Multiplicar por un número seguido de ceros. A multiplicación levando.  O produto de tres factores. Problemas con multiplicacións.

E COMO NON, seguiremos traballando a suma e a resta con levadas, e problemas con operacións combinadas!

domingo, 15 de enero de 2012

FICHA DE LECTURA

La gran masacre de los hámsters, de Katie Davies
Lembrade que o venres 27 de xaneiro tedes que entregar cuberta a ficha que xa vos dei, e na que anotaredes os aspectos máis importantes dun dos contos escritos en español que teñades collido da biblioteca da nosa aula

miércoles, 11 de enero de 2012

PROGRAMACIÓN mes de xaneiro

Para que saibades que é o que estamos dando:
COÑECEMENTO DO MEDIO
. Tema 7 do libro: ASÍ SOMOS AS PERSOAS, páxs. 80 á 91.
  • CONTIDOS
    • Partes externas do corpo humano e características sexuais externas.
    • Os aparatos implicados nas distintas funcións vitais e o estudo pormenorizado do aparato locomotor.
    • As características xerais e diferenciadoras do ser humano.
    • Localización das partes externas do corpo e de órganos dos distintos aparatos.
    • Confección e interpretación de gráficos de evolución de pesos e estaturas.
    • Respecto cara ás diferenzas sexuais e coidado do propio corpo.
    • Valoración das producións artísticas humanas como manifestacións dunha función de relación moi desenvolvida.
    • Toma de conciencia das características que diferencian aos seres humanos doutros animais, e da nosa responsabilidade na evolución do planeta. 
  • EXAME DO TEMA ao redor do venres 27 de xaneiro!

LINGUA GALEGA
  •  Tema 4:  A GALIÑA DOS OVOS DE OURO, páxs. 42 á 44; 50; 96 e 97; 70 e 71; 63; 45; 52 e 53.
   . CONTIDOS:
  • Lectura de "As galiñas dos ovos de ouro", páxs. 42 á 44.
  • Vocabulario: Partes dun animal, páx. 50.
  • Ortografía: Palabras con "x", páxs. 96 e 97.
  • Gramática: Clases de sílabas, páxs. 70 e 71.
  • Expresión escrita: Escribir unha felicitación, páx. 63.
  • Comunicación  oral: Sabemos de que se trata. Iniciamos unha conversa, páx. 45.
  • Obradoiros: Obradoiro de xogos, páx. 52.
  • Son capaz de... Ordenar un ficheiro, páx. 53.

LINGUA ESPAÑOLA
  • Tema 4: Grande viajes, páxs. 44 á 46; 47; 90, 91 e 96; 78 e 79; 52 e 53; 54 e 55.

CONTIDOS
  • Lectura: Grandes viajes, páxs. 44 á 47.
  • Vocabulario: Familia de palabras, páx. 47.
  • Ortografía: O son "r forte", páxs. 78 e 79.
  • Gramática: Os substantivos, páxs. 90 e 91.
  • Expresión escrita: A descrición de obxectos, páxs. 52 e 53.
  • Obradoiro de poesía e obradoiro de xogos, páxs. 54 e 55.
Dos temas de lingua española e de lingua galega, faremos exames cando rematemos os temas seguintes a estes. Neles, tamén entrarán preguntas dos temas que xa demos no curso!

MATEMÁTICAS
Tema 5: As rectas e os ángulos, páxs. 55 á 64.

Contidos:
  • O punto, a liña recta, o segmento rectilíneo.
  • Identificación e comparación de segmentos.
  • Debuxo de segmentos iguais a outros dados. Utilización da regra para comparar e trazar segmentos.
  • O ángulo: lados e vértices.
  • Ordenación de ángulos de maior a menor.
  • Identificación en obxectos cotiás de ángulos.
  • Tipos de rectas: paralelas, secantes e perpendiculares.
  • Identificación en obxectos cotiás dos diferentes tipos de rectas.
  • As liñas poligonais, os polígonos e os seus elementos: lados, vértices e ángulos.
  • Recoñecemento e conteo dos segmentos que forman unha liña poligonal.
  • Distinción e debuxo de liñas poligonais abertas e pechadas.
  • Identificación e enumeración dos elementos dun polígono.
  • Construción de polígonos a partires dunha liña de puntos.
  • Debuxo de polígonos e observación das regularidades e as relacións existentes entre eles.
  •  REPASO DE SUMAS E RESTAS
  • PROBLEMAS CON ESTAS OPERACIÓNS
EXAME deste tema ao redor do martes 31 de xaneiro!