miércoles, 25 de marzo de 2015

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE, por SOLEDAD FELLOZA

Ola raparig@s, levamos algún tempo lendo este libro porque mañá xoves, 26 de marzo, Soledad Felloza nolo vai contar ao seu bo xeito na biblioteca "Rosalía de Castro", nas Torres de Santa Cruz.

Como xa a coñecedes da outra volta na que nos contara "Os contos do Oso Branco", o que imos facer nesta entrada é enlazarvos á páxina oficial de Roald Dahl. Do seu libro "Charlie e a fábrica de chocolate" fixéronse no 2014 os cincuenta anos da súa publicación.

E para que lembredes como nos conta marabillosas historias Soledad Felloza, subímosvos un vídeo dela.



No hay comentarios:

Publicar un comentario