miércoles, 30 de abril de 2014

AS PLANTAS, novo tema de medio

Ola cativ@s: Na anterior entrada explicámosvos que íamos comezar o tema das plantas, no voso libro, páxs. 42 á 53.

Que imos dar nel? Isto:


    Características xerais das plantas.
    Clasificación morfolóxica: plantas con flores e sen flores. Herbas, arbustos e árbores.
    A nutrición dos vexetais. A fotosíntese. A respiración.
    A reprodución das plantas. Reprodución das plantas con flores. A polinización. Reprodución das plantas sen flores.
    Estudo e descrición da respiración das plantas.
    Elaboración e interpretación de debuxos esquemáticos sobre a nutrición dos vexetais.
    Realización e descrición da reproducción por escallos dun xeranio.
    Análise das características dunha planta do xardín botánico.
    Aprendizaxe do aforro de auga por parte dos cactos e as plantas crasas.
    Comprensión dos efectos negativos da chuvia ácida.
    Valoración da importancia dos vexetais na dieta humana.
    Apreciación do valor dos vexetais como sustento da biodiversidade.

    Toma de conciencia da importancia do proceso de fotosíntese e desenvolvemento de actitudes de respecto e conservación da cuberta vexetal.

A que páxinas da rede ou vídeos educativos  recurriremos?









No hay comentarios:

Publicar un comentario