martes, 17 de diciembre de 2013

novo tema de MEDIO: O RELEVO TERRESTRE

De http://neetescuela.com
Ola cativas e cativos de 5º: Iniciamos un novo tema "O relevo terrestre". No voso libro desenvólveno desde a páxina 124 á 135.

Que imos traballar nel? Pois os seguintes contidos:
  • A orixe do magma e a formación da lava. Produtos volcánicos.
  • Procesos xeolóxicos internos: os terremotos.
  • Procesos xeolóxicos externos: erosión, transporte e sedimentación.
  • Axentes xeolóxicos externos: vento, ríos e regatos, mar e glaciares.
  • Clasificación das rochas segundo a súa orixe. Identificación de exemplos.
  • Os minerais e a súa clasificación segundo a súa dureza.
  • Interpretación de imaxes de formas de modelaxe da paisaxe, para identificar o axente xeolóxico que actuou.
  • Describir diferentes rochas sedimentarias, magmáticas e metamórficas e algúns minerais diferenciándoos pola súa dureza.
  • Comprender a análise química dunha auga potable.
  • Consideración dalgúns riscos xeolóxicos e das consecuencias sobre a vida das persoas.
  • Valoración da importancia da corta de árbores e os incendios na erosión do solo.
  • Coñecemento dos procesos naturais para comprender, valorar e apreciar o medio.
  • Visión analítica da paisaxe, interpretando os procesos xeolóxicos que produciron o relevo e a modelaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario