lunes, 30 de diciembre de 2013

enlaces para traballar o RELEVO TERRESTRE

Ola de novo! Xa estamos de volta e, por certo, desexámosvos UN ESTUPENDO


E, indo ao noso, aquí tedes uns enlaces que vos poden servir para este tema de medio.

O RELEVO TERRESTRE




OS PROCESOS INTERNOS


os procesos xeolóxicos terrestres
OS VOLCÁNS


os volcáns, EDUCAREX

TERREMOTOS e MAREMOTOS


imaxes do terremoto de Fukushima




animación do diario EL PAÍS
OS AXENTES XEOLÓXICOS EXTERNOS

cales son e como actúan, colexio BRETÓN de los HERREROS
É un JCLIC polo que lle tedes que dar a EXECUTAR a aplicación XAVA!


AS ROCHAS e OS MINERAIS







IMAXES VOSAS

A nosa compañeira, Celtia, subministrounos esta foto que fixo nas súas vacacións na estación de Leitariegos, do río Sil ao seu paso polo val de Laciana, un val fluvial en forma de V.


Río Sil ao seu paso polo val de Laciana, por Celtia

martes, 17 de diciembre de 2013

novo tema de MEDIO: O RELEVO TERRESTRE

De http://neetescuela.com
Ola cativas e cativos de 5º: Iniciamos un novo tema "O relevo terrestre". No voso libro desenvólveno desde a páxina 124 á 135.

Que imos traballar nel? Pois os seguintes contidos:
  • A orixe do magma e a formación da lava. Produtos volcánicos.
  • Procesos xeolóxicos internos: os terremotos.
  • Procesos xeolóxicos externos: erosión, transporte e sedimentación.
  • Axentes xeolóxicos externos: vento, ríos e regatos, mar e glaciares.
  • Clasificación das rochas segundo a súa orixe. Identificación de exemplos.
  • Os minerais e a súa clasificación segundo a súa dureza.
  • Interpretación de imaxes de formas de modelaxe da paisaxe, para identificar o axente xeolóxico que actuou.
  • Describir diferentes rochas sedimentarias, magmáticas e metamórficas e algúns minerais diferenciándoos pola súa dureza.
  • Comprender a análise química dunha auga potable.
  • Consideración dalgúns riscos xeolóxicos e das consecuencias sobre a vida das persoas.
  • Valoración da importancia da corta de árbores e os incendios na erosión do solo.
  • Coñecemento dos procesos naturais para comprender, valorar e apreciar o medio.
  • Visión analítica da paisaxe, interpretando os procesos xeolóxicos que produciron o relevo e a modelaxe.

domingo, 15 de diciembre de 2013

pasapalabra ASTRONOMÍA e outro enlace máis

Ola de novo: Deixámosvos aquí un enlace a un pasapalabra que vos vai gustar e que vos vai servir para repasar o tema do que vos examinades mércores 18.


PASAPALABRA sobre ASTRONOMÍA, elaborado por GENMAGIC.ORG

E un compañeiro de clase, Quique, suxírenos este enlace:

PREGÚNTALLE a un ASTRÓNOMO, "Cosmos divertido", de CALTECH.EDU

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Nelson Mandela

Ola cativ@s: Como xa sabedes, hai algúns días que Nelson Mandela, expresidente da Unión Sudafricana e Premio Nobel da Paz, morreu. Lede que cousas tan bonitas escribiu Belén, a mestra de 3ºB de EP, sobre el no blog dos nen@s da súa clase.



Pablo Milanés canta a Nelson Mandela

martes, 10 de diciembre de 2013

exame de MEDIO do tema O PLANETA TERRA e O SISTEMA SOLAR

Imaxe procedente de http://g1.globo.com
Ola rapazada: Con esta entrada avisámosvos de que o mércores, 18 de decembro, teredes o exame deste tema de coñecemento do medio.



A POR EL! Veña, que sodes quen de aprobalo! Comezade xa a estudar os novos conceptos e a repasar os xa dados.

lunes, 9 de diciembre de 2013

EXAME do tema AS RECTAS e OS ÁNGULOS


UNIDADE 8 DE MATEMÁTICAS

Ola a tod@s: 
O vindeiro VENRES, 13 DE DECEMBRO, teremos o control do
 tema 8 de matemáticas: AS RECTAS E OS ÁNGULOS.

Practicade a medida e construción de ángulos, trazade a bisectriz dun ángulo, debuxade a mediatriz dun segmento…
Repasade a teoría!!: Clases de ángulos, bisectriz dun ángulo, mediatriz dun segmento, ángulos consecutivos, adxacentes e opostos polo vértice.

Haberá algún exercicio de cálculo e tamén problemas.

IMPORTANTE!!!!

Non esquezades traer o material que precisades para este tema: Transportador, regra e compás.

lunes, 2 de diciembre de 2013

como facer UNHA BOA EXPOSICIÓN ORAL

E outra vez, OLA!
Pegámosvos aquí un enlace aos recursos que vos colgou Xusto, o orientador do cole, para que saibades prepararvos para facer unhas boas exposicións orais dos traballos monográficos que con tantas gañas, esforzos, interese... estivestes a facer! 
Esta é a segunda fase desa tarefa. (OS QUE NON VOS QUEDASTES CUNHA COPIA do traballo proposto, PEDÍDENOLA!

como facer UNHA EXPOSICIÓN ORAL, polo DO do CEIP PLURILINGÜE I. PARGA PONDAL

NOVOS TEMAS DE español e galego

Ola cativ@s: Comezamos tamén novos temas nas dúas linguas. E aquí tedes os conceptos que imos traballar:


TEMA 5
ESPAÑOL
GALEGO
Lectura
La Tierra se examina, páxs. 62 á 65.
Meu pai e as estrelas, páxs. 62 á 64.
Vocabulario
Campo semántico e campo léxicopáx. 216.
Familia de palabras, páx. 56.
Ortografía
O til nos ditongos e nos hiatos, páxs. 68 e 69.
Acentuación de ditongos e hiatos, páxs. 68 e 69.
Gramática
Graos do adxectivo, páxs. 66 e 67.
Os determinantes. O artigo, páxs. 80 81.
Expresión escrita
Ordenar palabras, páx. 57.
O conto, páx. 71.
Describir o protagonista, páx. 57.
Anunciar un suceso, páx. 71.
Expresión oral

Asociamos voces a personaxes -comprensión auditiva- e interpretamos personaxes -expresión oral-, páx. 65.

ENLACES


. Ditongos, tritongos e hiatos e o uso do til neles:




. Acentuación dos ditongos e hiatos en galego

EDILIM de ditongos, tritongos e hiatos, por LINGUAGALEGA.ORG

. O conto
imaxe procedente de http://2.bp.blogspot.com




domingo, 1 de diciembre de 2013

novo tema de MATEMÁTICAS, o 8º do libro

Ola de novo a tod@s:
Nesta ocasión imos dar un brinco, e do tema 3 imos ao tema 8 "As rectas e os ángulos". 
Como na xeometría é moi importante o debuxo de rectas,ángulos..., practicade o que poidades co compás e  co transportador para medir e construír ángulos.




Tema 8: As rectas e os ángulos

Conceptos
-         Medida e construción de ángulos.
-         Clases de ángulos: rectos, llanos, agudos e obtusos.
-         Ángulos e xiros.
-         A bisectriz dun ángulo.
-         A mediatriz dun segmento.
-         Ángulos consecutivos, adxacentes e opostos.
Cálculo mental
-         Contar de 2 en 2, de 3 en 3, de 5 en 5...

Cálculo
-         Repaso división.

Problemas
-         Completar enunciados para resolver problemas.

Competencias
-         Aplicación práctica dos conceptos.


ENLACES