domingo, 10 de noviembre de 2013

programas na 2 da TVE sobre CIENTÍFICOS, INVESTIGADORES e INVENTORES e outras novas sobre A CIENCIA

Ola raparigos e raparigas: 
Como estamos a dar, en medio, o tema dos avances técnicos, queremos que saibades que a 2 da TVE...
...no seu programa DOCUFILIA, este martes 12, contará en "A historia do cometa" como Isaac Newton xestou a lei da gravitación universal, e

...a partir do luns 11, ás 18 horas, programará "Con ciencia", unha serie de 50 píldoras que repasan a figura dos científicos, investigadores e inventores españoles máis relevantes da historia, realizadas en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.

programa DOCUFILIA, como o programa é ás 21 horas, neste enlace o poderedes ver cando queirades!

Ademais, queremos informarvos de que na carpa COSMOCAIXA, instalada no Paseo de Coches dos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, a Obra Social "la Caixa" presenta ata o 10 de xaneiro de 2014 a exposición "Ilusionismo, maxia ou ciencia?"

enlace información sobre a exposición ILUSIONISMO, MAXIA ou CIENCIA?


Asimesmo, sabede que esta semana, a que vai desde o 11 de novembro ao 17, se celebra a SEMANA DA CIENCIA. As entradas aos museos científicos coruñeses son gratuítas: aproveitádeo para ir coas vosas familias!

SEMANA DA CIENCIA con ampla presenza en galego

SEMANA DA CIENCIA nos museos científicos da Coruña



No hay comentarios:

Publicar un comentario