jueves, 28 de noviembre de 2013

PRÓXIMOS EXAMES de galego, español e inglés

Ola de novo:
Comezade xa a repasar para o exames de español, galego e inglés.Farémolos:

  • Luns 2, o de lingua galega.
  • Martes 3, o de español.
  • Wednesday, the 11th , English.



martes, 26 de noviembre de 2013

andaina pola COSTA DE DEXO

Ola rapazada: 
Como esta semana saímos cos monitores do CEM, seguramente con Nati e Fran, nunha actividade do Concello, queremos compartir con todos vós esta información. Se premedes nos enlaces a conseguiredes! 
COSTA de DEXO-SERANTES, imaxe propiedade do Concello de Oleiros


E, coma sempre: A SER BOAS PERSOAS e RESPECTUOSOS cos monitores e con todas as persoas que encontremos, A APRENDER MOITAS COUSAS, A PORTARNOS BEN... Sodes quen de facelo!

NOTA:  Como, polo de agora, non sabemos como vos facer visibles os enlaces, premede neles e PEDÍDENOS PERMISO, porque aos  que así o fixestes, volo estamos dando. Xa aprenderemos como! Prometémosvolo!

MATERIAIS que teño que levar

PROGRAMACIÓN da saída                



martes, 19 de noviembre de 2013

concerto ESCOLAS MUNICIPAIS de MÚSICA e de DANZA

Informámosvos de que no auditorio Gabriel García Márquez de MERA, o día 22 de novembro, festividade de santa Cecilia, patroa da música, o profesorado da Escola Municipal de Música en colaboración co alumnado da  Escola Municipal de Danza ofrecerá un concerto. (Se premedes na ligazón, teredes o programa!)

programa do concerto do venres 22


enlaces interesantes para o novo tema de medio O SISTEMA SOLAR e A TERRA

Ola de novo:
Para que vaiades facendo boca, colgámosvos aquí uns enlaces sobre o próximo tema de coñecemento do medio: O sistema solar e a Terra.

ASTRONOMÍA PARA CATIVOS, materiais colgados polo ministerio de educación

JUNTA DE ANDALUCÍA, do sistema solar ao noso planeta

da editorial SANTILLANA: O movemento de translación e as estacións do ano

de WIKISPACES: animacións sobre a Terra e o universo

edilim MOVEMENTOS DA TERRA E A LÚAelaborado por Florentino Sánchez, mestre do CP Los Ángeles de Caminomorisco, Cáceres

ministerio de educación, XOGO SOBRE OS PLANETAS VOANTES

LA EDUTECA, vídeo didáctico AS CAPAS DA TERRA

O SISTEMA SOLAR, outro vídeo de LA EDUTECA

páxina infantil NASA (Axencia Espacial dos Estados Unidos de América)

COMO SE REPRESENTA A TERRA, do blog de SERGIO GALVAN

información, mapas, vídeos sobre A REPRESENTACIÓN CARTOGRÁFICA da TERRA, do blog do mestre DANIEL DÍAZ CARBAYO

E, agora, a comprobar que sei de todo o que dei neste tema!

XOGO TIPO TRIVIAL de www.testeando.es


musical THE BEAUTY AND THE BEAST

Ola cativ@s!
Como xa sabedes, o luns 25 de novembro, iremos ata á Coruña, ao teatro Colón, para ver un musical en lingua inglesa. 
Ana, a vosa mestra desa lingua, como está en todo, mandounos información sobre esa obra, que vos imos adxuntar aquí.
ENJOY IT!

información en formato PDF sobre "The Beauty and the Beast"

unidades didácticas sobre cancións de THE BEAUTY AND THE BEAST e outros musicais

jueves, 14 de noviembre de 2013

EXAME DO TEMA "A división de números naturais"




UNIDADE 3 DE MATEMÁTICAS


 Ola a tod@s:


O vindeiro MÉRCORES, 20 DE NOVEMBRO, teremos o control do
 tema 3 de matemáticas: A DIVISIÓN DE NÚMEROS NATURAIS.


Practicade a división con divisores de tres cifras. Repasade as actividades nas que dividides números rematados en ceros, problemas…


Repasade a teoría!!: Propiedade da división exacta, a orde nas operacións combinadas (isto xa o traballastes no tema anterior, só tedes que engadir
 A DIVISIÓN).


Lede os enunciados ata o final e non vos esquezades de dar a resposta cando rematedes un problema!

martes, 12 de noviembre de 2013

MONOSEMIA e POLISEMIA

Ola de novo:
E para que reforcedes e repasedes estes conceptos de lingua, incluímosvos un enlace a unha proposta de traballo elaborada por Florentino Sánchez Martín, mestre do CP Los Ángeles, de Caminomorisco, Cáceres.

MONOSEMIA e POLISEMIA

lunes, 11 de noviembre de 2013

COMO PREPARAR , REDACTAR e PRESENTAR UN TRABALLO MONOGRÁFICO

Estes días, Xusto, o orientador do "cole", estavos a explicar como se elabora e presenta un traballo monográfico. Pegámosvos aquí un enlace ao caderno de bitácora do Departamento de Orientación da nosa escola, onde el vos dá, NUNHA PRESENTACIÓN,  as pautas.

COMO ELABORAR E PRESENTAR UNHA MONOGRAFÍA, polo DO do CEIP PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

domingo, 10 de noviembre de 2013

programas na 2 da TVE sobre CIENTÍFICOS, INVESTIGADORES e INVENTORES e outras novas sobre A CIENCIA

Ola raparigos e raparigas: 
Como estamos a dar, en medio, o tema dos avances técnicos, queremos que saibades que a 2 da TVE...
...no seu programa DOCUFILIA, este martes 12, contará en "A historia do cometa" como Isaac Newton xestou a lei da gravitación universal, e

...a partir do luns 11, ás 18 horas, programará "Con ciencia", unha serie de 50 píldoras que repasan a figura dos científicos, investigadores e inventores españoles máis relevantes da historia, realizadas en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.

programa DOCUFILIA, como o programa é ás 21 horas, neste enlace o poderedes ver cando queirades!

Ademais, queremos informarvos de que na carpa COSMOCAIXA, instalada no Paseo de Coches dos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, a Obra Social "la Caixa" presenta ata o 10 de xaneiro de 2014 a exposición "Ilusionismo, maxia ou ciencia?"

enlace información sobre a exposición ILUSIONISMO, MAXIA ou CIENCIA?


Asimesmo, sabede que esta semana, a que vai desde o 11 de novembro ao 17, se celebra a SEMANA DA CIENCIA. As entradas aos museos científicos coruñeses son gratuítas: aproveitádeo para ir coas vosas familias!

SEMANA DA CIENCIA con ampla presenza en galego

SEMANA DA CIENCIA nos museos científicos da Coruña



miércoles, 6 de noviembre de 2013

MULLERES INVENTORAS

Deixámosvos aquí unha relación de mulleres que contribuíron a mellorar o noso mundo. A POR ELAS!


  • Josephine Cochran e o lavavaixelas.
  • Mary Anderson e o limpaparabrisas.
  • Patsy Sherman e o descubrimento do protector Scotchgard, un polímero fluoroquímico que, aplicado ás teas, repelía o aceite ou a auga.
  • Patricia Billings e o Geobond, que é un material de construción indestrutible e incombustible.
  • Erna Schneider Hoover e sistema automatizado de conmutación teléfonica.
  • Sally Fox comezou a investigar ata crear un algodón coloreado de fibra larga, comercialmente viable (mellor para os teares de hoxe). A invención chámase FoxFibre.
  • Bette Nesmith Graham o Tipp-ex.
  • Julia Newmar os pantis.
  • Marion Donovan (1917-1998) os cueiros de plástico e rexeitables.
  • Catherine Blodgett (1898-1979) e o cristal non reflectante.
  • Rachel Fuller Brown (1898-1980) e Elizabeth Lee Hazen (1885-1975) e o antibiótico antifungos.
  • Martha Coston (1826-?) e os sinais tricolores marítimos.
  • Clatonia Joaquin Dorticus-inventou unha máquina e un método fotográfico mellorado para a impresión.
  • Gertrude Elion (1918-1999) e a loita contra a leucemia e o herpes.
  • Edith Flanigen (1929-?) e o refinado do petróleo.
  • Beulah Henry, de Memphis, Tennessee, creou cerca de 110 invencións e obtivo 49 patentes. Beulah Henry era considerada, por algúns, a "Señora Edison" pola súa prolífica carrera como inventora.
  • Mary Phelps Jacob o  suxeitador (o sostén).
  • Marjorie Stewart Joyner (1896-?) e a máquina para facer permanentes.
  • Margaret Knight (1838-1914) raíña das bolsas de papel.
  • Stephanie Kwolek (1923-?) e a fibra Kevlar que é o material usado nos chalecos antibalas e os traxes ignífugos. Outros usos do composto inclúen os cables subacuáticos, as gornicións dos freos, os vehículos espaciais, os barcos, os paracaídas, os esquíes, e os materiais de construción.



ARTIGO:  “Mujeres Inventoras”, por Raquel Barcos Reyero e Eulalia Pérez Sedeño.

Onde poderedes encontrar máis información? Pois, en...



biografia de 
MARGARITA SALAS 

biografía de MARIA BLASCO, recollida do Huffington Post

biografía de RITA LEVI-MONTALCINI

FLORENCE NIGHTINGALE, do blog de SANDRA FERRER, "Mujeres en la Historia"

biografía de FLORENCE NIGHTINGALE, moi completa, elaborada pola UNESCO


E, para realizar o traballo que vos propuxemos, utilizade os anteriores enlaces ou usade as páxinas que  encontramos en  http://duo5.lacoctelera.net


http://www.kalipedia.com/ (Enciclopedia on-line onde podes encontrar artículos, imaxes, vídeos, etc. sobre algúns inventos ou inventores).
http://es.wikipedia.org/ (Outra enciclopedia on-line)
http://www.wiseupkids.com/inventos.htm (Grandes inventos e descubrimentos)

lunes, 4 de noviembre de 2013

novos temas de ESPAÑOL e GALEGO

Ola cativ@s:
Aquí tedes os novos temas de español e galego con enlaces que vos poden axudar á hora de repasar os contidos.


OS SUBSTANTIVOS, contidos colgados pola JUNTA DE ANDALUCÍA

OS ADXECTIVOS, información e cuestionario sobre eles






TEMA 3
LINGUA ESPAÑOLA
LINGUA GALEGA
Lectura 1
Medina Azahara, páxs. 34 á 36.
Adelaida é tremenda, páxs. 34 á 36.
Lectura 2
Galileo Galilei, páxs. 48 á 50.
Pobres fantasmas, páxs. 48 á 50.
Lectura 3
La página web infantil de la Agencia Espacial Europea, páxs. 58-59.
Aos pés do xigante durmido, páxs. 58-59.
Comunicación oral: expresión e comprensión oral
Opinar.
Un programa de participación. Páx. 56.

Recoñecer técnicas para improvisar.
Improvisar un discurso. Páx. 51.
Gramática
REFORZO substantivo + adxectivo
REFORZO substantivo + adxectivo
Ortografía
Principios de acentuación, páxs. 54 e 55.
Normas de acentuación, páxs. 54 e 55.
Vocabulario
Monosemia e polisemia, páx. 42.
Familia de palabras, páx. 56.
Expresión escrita
A entrevista, páx. 43.
Cubrir un cuestionario, páx. 43.
Competencias: Es capaz de...
...buscar información, páx. 47.
...interpretar os resultados dun cuestionario, páx. 47.

domingo, 3 de noviembre de 2013

A DIVISIÓN DE NÚMEROS NATURAIS


Ola a tod@s! 
 Nesta unidade imos traballar a división. Farémolo ao longo de dúas semanas. Practicade todo o que poidades para realizar estas operacións con seguridade.




Tema 3: División de números naturais
Conceptos
-         Proba da división.
-         División con divisores de tres cifras.
-         División entre 10, 100 e 1.000.
  Dividir números rematados en ceros.
-          Operacións combinadas.
-          Uso dos parénteses.
Cálculo mental
-         Exercitación da división entre 10, 100 e 1.000.

Problemas
Resolución problemas de reparto.
Competencias
 Aplicación práctica dos conceptos.

ENLACES