martes, 29 de octubre de 2013

novo tema de MEDIO: OS AVANCES TÉCNICOS

Ola cativos e cativas:
Iniciamos un novo tema, que nos durará ao redor de dúas semanas; polo que probablemente o remataremos sobre o 22 de novembro. 
Nel estudaremos os avances técnicos.
REALIDAD VIRTUAL http://3.bp.blogspot.com 
No voso libro desenvólvese desde a páxina 98 á 109.

E tedes que saber que, ademais, vos imos encargar un traballo sobre el.

Que contidos imos dar? Pois..., aquí están: 
  • Avances técnicos históricos: as vacinas, a máquina de vapor, a anestesia, o teléfono, o cine…
  • A electricidade e a auga potable: dous avances técnicos importantes.
  • Os avances técnicos nos transportes, a medicina e as comunicacións.
  • Principais medios de comunicación persoais e de masas.
  • A informática. Principais aplicacións informáticas. As redes locais e corporativas. internet.
  • Investigación sobre os avances en telefonía móbil.
  • Distinción dos diferentes medios de comunicación de masas identificando a forma en que se transmite a información.
  • Realización dun informe sobre internet.
  • Análise das instrucións de uso dunha cámara fotográfica dixital.
  • Toma de conciencia da importancia dos avances técnicos na calidade de vida das persoas con algunha discapacidade.
  • Valoración da auga potable e da electricidade como bens de consumo valiosos e desenvolvemento de actitudes de uso responsable destes servizos.
  • Desenvolvemento de hábitos de uso razoable do ordenador e os videoxogos.
E, en que páxinas encontraremos máis información. Picade nestes enlaces para saber máis.




No hay comentarios:

Publicar un comentario