Iniciamos un novo tema, que nos durará ao redor de dúas semanas; polo que probablemente o remataremos sobre o 22 de novembro.
Nel estudaremos os avances técnicos.
REALIDAD VIRTUAL http://3.bp.blogspot.com |
E tedes que saber que, ademais, vos imos encargar un traballo sobre el.
Que contidos imos dar? Pois..., aquí están:
- Avances técnicos históricos: as vacinas, a máquina de vapor, a anestesia, o teléfono, o cine…
- A electricidade e a auga potable: dous avances técnicos importantes.
- Os avances técnicos nos transportes, a medicina e as comunicacións.
- Principais medios de comunicación persoais e de masas.
- A informática. Principais aplicacións informáticas. As redes locais e corporativas. internet.
- Investigación sobre os avances en telefonía móbil.
- Distinción dos diferentes medios de comunicación de masas identificando a forma en que se transmite a información.
- Realización dun informe sobre internet.
- Análise das instrucións de uso dunha cámara fotográfica dixital.
- Toma de conciencia da importancia dos avances técnicos na calidade de vida das persoas con algunha discapacidade.
- Valoración da auga potable e da electricidade como bens de consumo valiosos e desenvolvemento de actitudes de uso responsable destes servizos.
- Desenvolvemento de hábitos de uso razoable do ordenador e os videoxogos.
E, en que páxinas encontraremos máis información. Picade nestes enlaces para saber máis.
OS INVENTOS, material colgado polos mestres do 3º ciclo de EP do colexio Los Naranjos
actividades JCLIC para o tema OS AVANCES TÉCNICOS
actividades JCLIC para o tema OS AVANCES TÉCNICOS