miércoles, 18 de septiembre de 2013

PROGRAMACIÓN e ENLACES do tema de medio A MATERIA

Ola cativ@s e familias! Retomamos a normalidade e volta ao que nos toca facer! E ÁNIMO, que vos podedes: sodes un fato de bos raparig@s como vos dicía Cristina e, se vos poñedes "as pilas", e comezades a estudar día a día, repasando o que damos na clase, revisando o traballo feito na aula, veredes QUE BEN VOS VAI IR. 
A POR UN BO CURSO,  o 2013-2014! 

A MATERIA, tema 6 do libro de texto de COÑECEMENTO DO MEDIO; páxs. 70 á 83

Contidos

  • Concepto de materia
  • Propiedades xerais: masa e volume. Outras propiedades da materia
  • Estados da materia: sólido, líquido e gas. Cambios da materia: físicos e químicos.
  • Cambios físicos reversibles e irreversibles. Cambios de estado.
  • Mesturas homoxéneas e heteroxéneas. Procedementos de separación das mesturas.
  • Cambios químicos. A oxidación, a combustión e a fermentación.
  • Cálculo do volume dun sólido.
  • Diagnóstico de obxectos cotiáns como mesturas homoxéneas ou heteroxéneas.
  • Aprendizaxe dos efectos prexudiciais da combustión.
  • Adestramento sobre as normas de seguridade nun laboratorio.
  • Análise da importancia dos materiais ignífugos na loita contra os incendios.
  • Pulcritude e coidado na manipulación de substancias e na toma de datos.
  • Respecto polas formas de seguridade nas investigacións científicas.
  • Recoñecemento da importancia da prevención de incendios.
  • Aprecio da calidade ambiental no medio próximo.


Enlaces interesantes

SLIDES

Para REPASAR

No hay comentarios:

Publicar un comentario