martes, 15 de enero de 2013

PASOS A SEGUIR Á HORA DE REALIZAR AS TAREFAS

Hai xa algún tempo que Xusto, o noso orientador, nos deu estas suxestións para que as teñades en conta á hora de facer as cuestións, problemas, operacións... Así que aí vos van:
Departamento de Orientación CEIP PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

ESTRATEXIAS PARA MELLORAR A COMPRENSIÓN LECTORA
. Realizo unha lectura silenciosa.
. Marco o que non entendo.
. Subliño as palabras ou expresións que non comprendo para posteriormente buscar o seu significado no dicionario.
. Utilizo o dicionario. Se non o entendo, pídolle axuda á persoa maior que teña máis próxima.
. Leo, despois da lectura inicial, párrafo a párrafo para centrarme en cada un.
. Busco a idea principal de cada parágrafo.
. Formúlome preguntas básicas sobre o texto: Quen é o protagonista? De quen falan? Que lle ocorre? Onde pasa? Cando sucede? Que explican?...
. Realizo varias relecturas cando non o entendo; é dicir, cando non sei responder ás preguntas anteriores.
. Reteño o lido e volvo contalo.

ESTRATEXIAS PARA A RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS MATEMÁTICOS

. Leo o problema varias veces.
. Identifico os datos do problema.
. Recoñezo a pregunta.
. Fago unha representación gráfica do problema; é dicir, un debuxo se me é posible!
. Identifico as operacións a realizar.
. Fago as operacións e anoto ao lado de cada resultado que é esa cantidade!
. Respondo á pregunta cunha oración completa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario