jueves, 31 de enero de 2013

exame de LINGUA ESPAÑOLA

Ola cativos e cativas!
Con esta entrada lembrámosvos que o martes, 5 de febreirovos examinaredes do tema 6 de lingua española. Ídeo estudando pouco a pouco, comezade hoxe, e cada día que pase, repasades o anterior e estudades o novo. VEÑA, a por el, que xa queda menos!

Na semana entrante, tamén vos examinaredes do tema 6 de galego. Xa vos diremos cando.

exame de INGLÉS

Ola pícaros e pícaras:
Lembrade que mañá, venres 1 de febreiro, tedes o exame de lingua inglesa. Éntravos o tema 3, IN THE TOWN, pages 26-33. COME ON, YOU CAN!

martes, 29 de enero de 2013

Recordatorio


Ola raparig@s!  

Quería recordarvos que debedes repasar todos os días o cálculo matemático (cálculo mental,restas levando, multiplicacións e divisións de dúas cifras), xa que sabedes que necesitamos mellorar.

Non vos desanimedes hai que seguir esforzándose e pouco a pouco xa veredes como melloraremos, pero tedes que poñer un pouquiño máis de empeño e esforzo. ÁNIMO!! PODEMOS!!! 

lunes, 28 de enero de 2013

novos temas de MATEMÁTICAS e MEDIO


Comezamos novos temas en MATEMÁTICAS e MEDIO. Cales son?

  • MATEMÁTICASRectas, semirrectas, segmentos, ángulos

Que daremos nel?
  • Identificación de rectas paralelas, secantes e perpendiculares.
  • Identificación e trazado de rectas, semirrectas e segmentos.
  • Recoñecemento da orixe dunha semirrecta e dos extremos dun segmento.
  • Recoñecemento dos elementos dun ángulo.
  • Medición de ángulos co transportador.
  • Clasificación de ángulos en rectos, agudos e obtusos, a partir da súa medida en graos.
  • Reconstrución do enunciado dun problema.
  • Valoración da utilidade do vocabulario específico á hora de referirnos a conceptos xeométricos en situacións da vida cotiá.
  • Interese por presentar os debuxos de elementos xeométricos de forma correcta e limpa.

En que páxinas poderemos entrar?
RECTAS e ÁNGULOS


VÍDEO no que vos ensinan a medir ángulos


outro VÍDEO no que vos aprenden a trazar paralelas e perpendiculares


E NON PODEMOS ESQUECER QUE TEMOS QUE CONTINUAR TRABALLANDO O CÁLCULO: sumas, restas, multiplicacións e división por dúas cifras!


  • E en MEDIO, cal?
Pois, un que tampouco aparece no libro. O PLANO!
E que traballaremos nel?


  • Elaboración, en grupos e individualmente, do plano da clase.Interpretación de planos da contorna próxima.
  • Localización no espazo de obxectos situados no plano, e viceversa.
  • Identificación de elementos e lugares representados no plano.
  • Utilización da cuadrícula coma referencia para localizar a posición dos obxectos no plano.
  • Localización da cuadrícula no plano cuadriculado a partir de filas e columnas.
  • Adopción e utilización da notación para a definición da situación de puntos no plano.
  • Representación e lectura de puntos no primeiro cuadrante do plano cartesiano.
  • Construción de figuras e itinerarios no plano dadas as súas coordenadas, e viceversa.
  • Localización e representación de puntos no primeiro cadrante do plano cartesiano.
  • Codificación e decodificación de recorridos mediante a lectura ou situación de puntos no plano cartesiano cos valores das coordenadas.

E en que páxina poderemos entrar para practicar?
COORDENADAS DUN PUNTO NO PLANO

jueves, 24 de enero de 2013

CONTROL COÑECEMENTO DO MEDIO

Seguimos coa realización de probas.O vindeiro XOVES 31 de xaneiro, realizaremos o control sobre (A ORIENTACIÓN).  Non perdades o rumbo e repasade un poquiño cada día!! ÁNIMO!!!

martes, 22 de enero de 2013

EXAME DE MATEMÁTICAS e PÁXINAS WEB INTERESANTES

E coma non! Outro exame máis, este é de matemáticas, do tema sete, das DIVISIÓNS POR DÚAS CIFRAS. Cando o faredes? Pois o luns 28 de xaneiro! Tedes que estudar a teoría: cal é a propiedade fundamental da división exacta, o ordinograma da división por un número de dúas cifras... E, sobre todo, NON DEIXEDES DE PRACTICAR TODOS OS DÍAS O CÁLCULO e a RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS!
SE O FACEDES ASÍ, XA VEREDES COMO OBTEREDES UNHA BOA NOTA!

E aquí vos van dúas boas páxinas.

  • Para AS DIVISIÓNS:
páxina web que xenera divisións (EDILIM) É unha páxina dun colexio andaluz.


  • Para o tema da ORIENTACIÓN:
maneiras de orientarmos Tamén é obra dun profesor andaluz.


E OUTRA MÁIS, para poder entrar e ver os proxectos que presentastes vós e outros nen@s para o reto AEROPORTOS VERDES!



sábado, 19 de enero de 2013

NOVAS PROGRAMACIÓNS de MEDIO, ESPAÑOL e GALEGO


Como comezamos novos temas e queremos que saibades que é o que imos dar neles, poñémosvolo aquí:


COÑECEMENTO DO MEDIO:  A ORIENTACIÓN, non aparece no libro!
CONTIDOS
- Os puntos cardinais e algúns métodos de orientación.
- Identificación de sinais que permiten orientarse e manexo do compás.
- Valoración da importancia de saberse orientar nun lugar.


LINGUAS ESPAÑOLA E GALEGA

TEMA 6

LINGUA ESPAÑOLAEL ENCANTADOR DE SERPIENTES, páxs. 80 á 91

LINGUA GALEGA, VIVIMOS TODOS XUNTOS, páxs. 82 á 96

Lectura

El encantador de serpientes, páx. 80.
TEXTOS POÉTICOS. “Cantarolas”, de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas, páx. 84.
Vocabulario
Os sufixos.
Os prefixos re-pre-, sub- e ante-.
Ortografía
Palabras con j.
Palabras con b e v.
Gramática
Número e persoa dos verbos.
O adxectivo: xénero e número.

Expresión escrita

Escribir unha solicitude.
Escribir unha opinión.

Comunicación oral

Falar sobre lugares.
Pedir consello.
Literatura

Fórmulas de xogo. PARA O TEMPO DE LECTURA
Aprender a pensar

Curiosidade. Sentimos curiosidade por aprender algo novo?
Melloro as miñas competencias
Escribimos e lemos un pregón.
Escribir a crítica dun libro.

 EXAMINAREMOS DELES, de todos, CANDO OS REMATEMOS! Así que ide, día a día, estudando o novo e repasando o anterior! 

VEÑA, ÁNIMO!

jueves, 17 de enero de 2013

RETO AEROPORTOS VERDES

Ola de novo:
Como xa rematastes os vosos proxectos para o Reto Aeroportos Verdes de AENA, avísovos de que xa os enviamos a esa organización. Ademais, aproveitei para colgárvolos na nosa páxina E NÓS TAMÉN ESCRIBIMOS...
Bo traballo!

martes, 15 de enero de 2013

PASOS A SEGUIR Á HORA DE REALIZAR AS TAREFAS

Hai xa algún tempo que Xusto, o noso orientador, nos deu estas suxestións para que as teñades en conta á hora de facer as cuestións, problemas, operacións... Así que aí vos van:
Departamento de Orientación CEIP PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

ESTRATEXIAS PARA MELLORAR A COMPRENSIÓN LECTORA
. Realizo unha lectura silenciosa.
. Marco o que non entendo.
. Subliño as palabras ou expresións que non comprendo para posteriormente buscar o seu significado no dicionario.
. Utilizo o dicionario. Se non o entendo, pídolle axuda á persoa maior que teña máis próxima.
. Leo, despois da lectura inicial, párrafo a párrafo para centrarme en cada un.
. Busco a idea principal de cada parágrafo.
. Formúlome preguntas básicas sobre o texto: Quen é o protagonista? De quen falan? Que lle ocorre? Onde pasa? Cando sucede? Que explican?...
. Realizo varias relecturas cando non o entendo; é dicir, cando non sei responder ás preguntas anteriores.
. Reteño o lido e volvo contalo.

ESTRATEXIAS PARA A RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS MATEMÁTICOS

. Leo o problema varias veces.
. Identifico os datos do problema.
. Recoñezo a pregunta.
. Fago unha representación gráfica do problema; é dicir, un debuxo se me é posible!
. Identifico as operacións a realizar.
. Fago as operacións e anoto ao lado de cada resultado que é esa cantidade!
. Respondo á pregunta cunha oración completa.


RECORDATORIO DE EXAMES


Ola raparig@s e familas de 4ºA!
Con esta entrada informámosvos que o martes 22/1/13 teredes o control de lingua galega dos temas 4 e 5.
Así que non o deixedes para o último minuto e ide repasando un pouquiño cada día.

Lembrade tamén que todos os días,  deberíades  repasar as táboas de multiplicar, practicar o cálculo mental e as divisións de dúas cifras.

ÁNIMO!! 

viernes, 11 de enero de 2013

PARABÉNS DA DIRECTORA

Sabedes que?
Pois que Mercedes, a directora do "cole", veu hoxe a primeira hora a clase para felicitarnos polos nosos autorretratos. Díxonos tamén que estaban demasiado escondidos e que viría ben que os colocasemos nun lugar máis á vista.
Que "recontentos" que nos puxemos! Que gusto nos deu que nos valoren o noso traballo ben feito!

miércoles, 9 de enero de 2013

RECORDATORIO DE EXAMES


A entrada só é para lembrarvos que o luns 14 de xaneiro faremos o exame do tema 6 de medio: OS ECOSISTEMAS. E o mércores, 16 de xaneiro, o de ESPAÑOL, dos temas 4 e 5.

E recordade que tamén tedes que ir estudando ou repasando os temas 4 e 5 de galego, porque proximamente tamén vos examinaredes deles.

VEÑA, ÁNIMO!