jueves, 20 de diciembre de 2012
TRABALLO DE MEDIO: Os ecosistemas
Esta entrada só é para lembrarvos que o oito de xaneiro, 8/1/13, tedes que entregar o traballo sobre o ecosistema galego que escollestes. Lembrade que primeiro o facedes a suxo, nun borrador, e que logo o tedes que pasar a limpo na folla que vos demos.
Etiquetas:
coñecemento do medio,
traballos que teño que entregar
martes, 18 de diciembre de 2012
AUTORRETRATOS DOS PÍCAROS DE 4ºA
Queridas rapazada e familias:
Queremos que saibades que colgamos no blog os autorretratos dos cativos. Están na páxina E NÓS TAMÉN ESCRIBIMOS, picade nela, e xa se vos abren.
Aproveitamos esta nota para desexarvos UN ESTUPENDO 2013!
P.S. Podedes subir tamén ao noso corredor para velos porque están colgados nas paredes exteriores das aulas de informática, Cuarto A e titoría do segundo ciclo de EP.

lunes, 17 de diciembre de 2012
NOTAS DO EXAME DE MATEMÁTICAS
Deilles hoxe os exames coas súas notas. Quería pedirlles que para mellorar e corrixir os resultados, practiquen todos os días o cálculo; sobre todo, restas levando, multiplicacións de todo tipo, divisións por dúas cifras. Tamén o deben facer co cálculo mental.
MOITAS GRAZAS pola súa colaboración.
MOITAS GRAZAS pola súa colaboración.
domingo, 16 de diciembre de 2012
saída educativa ao aeroporto de ALVEDRO
Ola de novo!
Queremos lembrarvos que o próximo martes, día 18 de decembro, iremos ata o aeroporto de Alvedro, para participar na actividade de AENA, "Aeroportos Verdes".
Queremos lembrarvos que o próximo martes, día 18 de decembro, iremos ata o aeroporto de Alvedro, para participar na actividade de AENA, "Aeroportos Verdes".
RETOMAMOS A CONEXIÓN, programacións
Ola, canto tempo deixamos pasar, verdade? Tédesnos que perdoar nenos e familias, pero o certo é que andamos moi ocupadas.
Aquí vos van os novos temas de español, galego, matemáticas e medio dos que nos examinaremos á volta de vacacións, nas primeiras semanas de xaneiro. Xa volo anunciaremos.
MATEMÁTICAS, páxs.84 á 97
Tema 7, A DIVISIÓN. Divisor con dúas cifras.
MEDIO, páxs. 66 á 77
OS ECOSISTEMAS
Aquí vos van os novos temas de español, galego, matemáticas e medio dos que nos examinaremos á volta de vacacións, nas primeiras semanas de xaneiro. Xa volo anunciaremos.
TEMA 5
|
LINGUA
ESPAÑOLA, UN LORO MUY INTELIGENTE, páxs. 58 á 71
|
LINGUA GALEGA, ÁBRESE O PANO, páxs. 60 á 73
|
Lectura
|
Un loro muy inteligente, páx. 58.
|
UN TEXTO TEATRAL, Chouto de ra, de “Brinquemos o
teatro”, de Euloxio R. Ruibal, páx.
62.
|
Vocabulario
|
Repaso.
|
Os seres vivos. O campo semántico.
|
Ortografía
|
Palabras con h.
|
Palabras esdrúxulas.
|
Gramática
|
O verbo.
|
O xénero e o número do substantivo.
|
Expresión
escrita
|
Inserir oracións nun parágrafo.
|
Escribir un diálogo teatral.
|
Comunicación
oral
|
Facer dramatizacións.
|
|
Literatura
|
As estrofas.
|
|
Aprender
a pensar
|
Escoita activa. Como nos aseguramos de que
entendemos o que escoitamos?
|
|
Outros
textos
|
Un texto con instrucións.
|
|
Melloro
as miñas competencias
|
Montamos un
espectáculo de Nadal (no libro de español) e facer o programa dunha obra de
teatro (no libro de galego).
|
MATEMÁTICAS, páxs.84 á 97
Tema 7, A DIVISIÓN. Divisor con dúas cifras.
OBXECTIVOS DE APRENDIZAXE
1. Calcular divisións cuxo divisor é un número de
dúas cifras.
2. Coñecer e aplicar a propiedade da división exacta.
3. Calcular divisiones con dividendo e divisor terminados en ceros.
4. Resolver problemas de dúas ou máis operacións con divisións.
5. Diferenciar problemas dunha e dúas operacións.
MEDIO, páxs. 66 á 77
OS ECOSISTEMAS
Contidos
|
||
·
Os ecosistemas.
·
Tipos de ecosistemas e espazos protexidos.
·
Relacións entre os seres vivos.
|
·
Relación entre os distintos tipos de
seres vivos.
·
Explicación dos contidos a través de
experimentos.
·
Elaboración dun traballo de
investigación.
·
Participación en traballos
colaborativos.
·
Autoavaliación.
·
Uso das TIC para aprender.
|
·
Respecto e coidado do medio ambiente.
·
Valoración do traballo en equipo.
·
Respecto pola diferenza.
·
Recoñecemento do traballo en equipo
como método positivo de traballo.
·
Interese polos ecosistemas.
Educación en
valores: Interese polos traballos de investigación
como fonte de aprendizaxe.
Respecto polas iniciativas e opinións
dos demais no traballo en equipo e en diversas situacións comunicativas.
|
Etiquetas:
coñecemento do medio,
linguas,
matemáticas,
programación
Suscribirse a:
Entradas (Atom)