Ola de novo! Como nesta semana que entra, imos comezar un novo tema, o 13, MASA E CAPACIDADE, queremos que saibades que contidos traballaremos:
. Identificación das unidades convencionais para medir a masa e a capacidade.
. Recoñecemento do valor das pesas en balanzas en equilibrio.
. Identificación das expresións fraccionarias na medición da masa e da capacidade en situacións da vida cotiá.
. Realización no contorno de estimacións de masa e capacidade.
. Comparación de magnitudes de masa e capacidade.
. Valoración da importancia das unidades de masa e capacidade e das súas expresións fraccionarias máis usuais na vida cotiá.
. Curiosidade por coñecer a balanza como instrumento das medidas de masa.
. Seguridade na expresión de magnitudes de masa e capacidade recoñecendo as unidades de medida adecuadas.
ANTES DE FINALIZALO, XA VOS AVISAREMOS DE CANDO REALIZAREDES O EXAME.
AH! E NON DEIXEDES DE SEGUIR TRABALLANDO O CÁLCULO: resta levando, multiplicacións pola unidade seguida de ceros, a división...; e a RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario