Onde poderedes encontrar máis información sobre ela? Pois en...
domingo, 31 de mayo de 2015
DÍA DA CIENCIA 2015
Ola raparig@s, sabede que hoxe, 1 de xuño, se celebra o Día da Ciencia en Galicia. Este ano adicáronllo a Ángeles Alvariño, unha oceanógrafa, que pasou a maior parte da súa vida profesional nos Estados Unidos.
Onde poderedes encontrar máis información sobre ela? Pois en...
Onde poderedes encontrar máis información sobre ela? Pois en...
Etiquetas:
6º de EP,
CIENTÍFICOS ou INVENTORES,
Día da Ciencia
EN GALEGO, MEU O MUNDO É
Ola raparig@s, compartimos con vós este "lip dub" que fixeron no CEIP Fernández Latorre da Coruña. Desfrutádeo, iso si, "EN GALEGO"!!
"Brinca Vai"
viernes, 29 de mayo de 2015
Nova rolda de EXAMES
Ola cativ@s, de novo entrades nun remuíño de exames.
De que vos ides examinar e cando?
NON O DEIXEDES TODO PARA O FINAL, que "morreredes" no intento!
De que vos ides examinar e cando?
- Os temas 8 de español e galego: martes 2 e mércores 3 de xuño.
- A unidade 6 de inglés: xoves 4 de xuño.
- O tema 14 de matemáticas -as áreas das figuras planas-: luns 8 de xuño.
NON O DEIXEDES TODO PARA O FINAL, que "morreredes" no intento!
Etiquetas:
6º de EP,
English Language,
exames,
lingua española,
lingua galega,
matemáticas,
recordatorio control
martes, 26 de mayo de 2015
EUROPA, mapas flash interactivos de ENRIQUE ALONSO
Imos comezar o novo tema de medio: EUROPA e para que poidades practicar utilizando os mapas de Enrique Alonso, inserímosvos aquí os enlaces a todos os que el fixo.
COMO SE CHAMA?
ONDE ESTÁ?
Capitais da UE
Etiquetas:
6º de EP,
coñecemento do medio,
EUROPA,
mapas flash interactivos,
xeografía,
xeografía de Europa
viernes, 22 de mayo de 2015
Tema 12 de matemáticas: Capacidade e volume
Ola a tod@s!
Chegamos ao tema nº 12, "Capacidade e volume".
Seguimos traballando as medidas, así que este tema será máis fácil porque xa sodes "expertos".
Procurade realizar todas as actividades e os resultados serán moi bos.
A proba escrita correspondente a esta unidade realizarédela o venres, 29 de maio. Ánimo!!!
Tema 12
|
CAPACIDADE E VOLUME
|
Conceptos
|
Múltiplos e submúltiplos do litro.
Cambio de unidades.
Volume e capacidade.
|
Cálculo mental
|
Multiplicar por 5.
|
Problemas
|
Elixir os datos a partir das operacións que resolven un problema.
|
Competencias
|
Aplicación práctica dos conceptos.
|
CAPACIDADE I
CAPACIDADE II
CAPACIDADE III
VOLUME I
VOLUME II
VOLUME E CAPACIDADE I
Etiquetas:
6º de EP,
capacidade,
matemáticas,
volume
jueves, 21 de mayo de 2015
EUROPA, novo tema de MEDIO
Ola raparig@s de sexto, comezamos un novo tema, Europa. Que queremos que saibades ao final del? Pois, o seguinte:
. Localizar Europa e coñecer a súa delimitación.
. Localizar Europa e coñecer a súa delimitación.
. Coñecer as
principais características do relevo europeo e localízaas.
. Saber as causas da
variedade de relevo.
. Identificar e
localizar os principais accidentes do relevo costeiro de Europa: penínsulas,
golfos, cabos, rías, fiordes e illas.
. Saber que Europa se
atopa en dúas zonas climáticas: temperada e fría.
. Coñecer os
diferentes climas temperados, saber as súas características e localizalos.
. Coñecer os climas
fríos, coñecer as súas características e localizalos.
. Interpretar
climogramas.
. Coñecer o tipo de
vexetación que corresponde a cada clima e as súas principais características.
. Coñecer as vertentes
hidrográficas europeas, nomear algúns ríos e localizalos.
. Describir as
características dos ríos pertencentes a unha mesma vertente.
. Saber que algúns
ríos son navegables.
. Coñecer as
características dos lagos segundo as zonas en que se localizan.
. Valorar as medidas encamiñadas a protexer os espazos naturais.
Onde poderedes ampliar, practicar, repasar...?
De TOPOROPA.EU |
recursos colgados polo CEP Los Ángeles de Caminomorisco (Cáceres) |
E para que vos divirtades un pouco!
mapamundi interactivo de IBGE do goberno de Brasil |
miércoles, 20 de mayo de 2015
ROTEIRO CULTURAL: ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR, CASARES QUIROGA, BUGALLAL MARCHESI
Estades avisados de que mañá, xoves 21 de maio, realizaremos un roteiro ao redor destas tres figuras da cultura e da política que tiveron moita relación con Oleiros. Organízao o alumnado de 1º de BAC do IES MIRAFLORES xunto co Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello e o Servizo de Normalización Lingüística.
Casares Quiroga, Álvarez de Sotomayor e Bugallal Marchesi |
Etiquetas:
6º de EP,
actividades culturais e educativas do concello de Oleiros,
ÁLVAREZ DE SOTOUMAYOR,
BUGALLAL MARCHESI,
CASARES QUIROGA,
concello de Oleiros,
normalización lingüística,
roteiro cultural 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)