domingo, 21 de junio de 2015

DESPEDIDA E PECHE!

Ola cativ@s de sexto! E chegou o momento da despedida e como quero que sexa? Pois con este poema de Mario Benedetti, "No te rindas"!!!

https://docs.google.com/document/d/1yrQeZNNhaKaDF6sSElPBgQXlt7Z42N6fwjc8sRxjIMs/edit?usp=sharing
Se picades na imaxe, iredes ao poema



Acaba de comezar o VERÁN!

Ola raparigos, xa sabedes que Google elabora doodles para anunciarnos moi diversas cousas. Pois hoxe colgou un ben refrescante. Picade na palabra "doodle" e iredes ata el!


http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/informacion/2015/06/21/solsticio-verano-empieza-segunda-estacion-calendario-noche-corta-ano/00031434840381380250885.htm
información da VOZ DE GALICIA sobre o solsticio de verán

lunes, 8 de junio de 2015

Excursión a BURBIA, ANCARES LEONESES

Ola, tod@s sabedes que entre o 16 e o 18 de xuño os sextos nos imos de excursión a Burbia. A onde? A unha localidade dos Ancares, que está na provincia de León. Que imos ver e facer?; se entrades nos enlaces que tedes abaixo, teredes máis  información.

https://drive.google.com/file/d/0B_8bBbarVxFpMjhENXBDZ3pVcGM/view?usp=sharing
CADERNO ANCARES LEONESES elaborado pola Cooperativa de Educación Medioambiental

https://drive.google.com/file/d/0B_8bBbarVxFpeUczMG9WdE53X0k/view?usp=sharing
PROGRAMACIÓN E EXPLICACIÓNS
 
http://ancaresbierzo.com/tag/valle-burbia/
VAL do BURBIA, información de ANCARES-BIERZO.COM
http://www.fundacionlasmedulas.info/index.php/template-layout/all-module-positions
AS MÉDULAS, información de Fundación "Las Médulas"

http://www.campingburbia.com/
CÁMPING-ALBERGUE de BURBIA



viernes, 5 de junio de 2015

5 de xuño, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Ola raparig@s, como reza o título da entrada hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente. Para que saibades un pouco máis deste día, enlazámosvos a...
http://www.unep.org/spanish/wed/
páx. oficial da Organización das Nacións Unidas   
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2015/06/03/dia-mundial-medio-ambiente/00031433100408133431123.htm
A Voz de Galicia, 5 de xuño de 2015

martes, 2 de junio de 2015

DEBUXANDO A FILGUEIRA, traballos do IES ESPIÑEIRA de BOIRO

Ola mozas e mozos de 6º, queremos ensinarvos os vídeos que o alumnado do IES Espiñeira de Boiro e o Equipo de Normalización Lingüística gravaron para o Día das Letras Galegas que como xa sabedes este ano se lle adicou a Filgueira Valverde.


 

domingo, 31 de mayo de 2015

DÍA DA CIENCIA 2015

Ola raparig@s, sabede que hoxe, 1 de xuño, se celebra o Día da Ciencia en Galicia. Este ano adicáronllo a Ángeles Alvariño, unha oceanógrafa, que pasou a maior parte da súa vida profesional nos Estados Unidos.


Onde poderedes encontrar máis información sobre ela? Pois en...
http://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%81ngeles_Alvari%C3%B1o

http://www.ragc.cesga.es/gl/dia-da-ciencia-en-galicia-2015-anxeles-alvarino


 

EN GALEGO, MEU O MUNDO É

Ola raparig@s, compartimos con vós este "lip dub" que fixeron no CEIP Fernández Latorre da Coruña. Desfrutádeo, iso si, "EN GALEGO"!!



"Brinca Vai"

viernes, 29 de mayo de 2015

Nova rolda de EXAMES

Ola cativ@s, de novo entrades nun remuíño de exames.


De que vos ides examinar e cando?
  • Os temas 8 de español e galego: martes 2 e mércores 3 de xuño.
  • A unidade 6 de inglés: xoves 4 de xuño.
  • O tema 14 de matemáticas -as áreas das figuras planas-: luns 8 de xuño.

NON O DEIXEDES TODO PARA O FINAL, que "morreredes" no intento!

viernes, 22 de mayo de 2015

Tema 12 de matemáticas: Capacidade e volume

Ola a tod@s!

Chegamos ao tema nº 12"Capacidade e volume".

Seguimos traballando as medidas, así que este tema será máis fácil porque xa sodes "expertos". 

Procurade realizar todas as actividades e os resultados serán moi bos.

A proba escrita correspondente a esta unidade realizarédela o venres, 29 de maio. Ánimo!!!


Tema 12
CAPACIDADE E VOLUME
Conceptos
Múltiplos e submúltiplos do litro.
Cambio de unidades.
Volume e capacidade.



Cálculo mental

   Multiplicar por 5.

Problemas

  Elixir os datos a partir das operacións que resolven un problema.
Competencias
Aplicación práctica dos conceptos.


CAPACIDADE I


CAPACIDADE II

CAPACIDADE III

VOLUME I

VOLUME II

VOLUME E CAPACIDADE I


jueves, 21 de mayo de 2015

EUROPA, novo tema de MEDIO

Ola raparig@s de sexto, comezamos un novo tema, Europa. Que queremos que saibades ao final del? Pois, o seguinte:

. Localizar Europa e coñecer a súa delimitación.
. Coñecer as principais características do relevo europeo e localízaas.
. Saber as causas da variedade de relevo.
. Identificar e localizar os principais accidentes do relevo costeiro de Europa: penínsulas, golfos, cabos, rías, fiordes e illas.
. Saber que Europa se atopa en dúas zonas climáticas: temperada e fría.
. Coñecer os diferentes climas temperados, saber as súas características e localizalos.
. Coñecer os climas fríos, coñecer as súas características e localizalos.
. Interpretar climogramas.
. Coñecer o tipo de vexetación que corresponde a cada clima e as súas principais características.
. Coñecer as vertentes hidrográficas europeas, nomear algúns ríos e localizalos.
. Describir as características dos ríos pertencentes a unha mesma vertente.
. Saber que algúns ríos son navegables.
. Coñecer as características dos lagos segundo as zonas en que se localizan.
. Valorar as medidas encamiñadas a protexer os espazos naturais.

Onde poderedes ampliar, practicar, repasar...?
 
http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1008
LIBROS VIVOS.NET, editorial SM
http://www.toporopa.eu/es/index.html
De TOPOROPA.EU 

http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cmedio6/europa/index.htm
recursos colgados polo CEP Los Ángeles de Caminomorisco (Cáceres)

E para que vos divirtades un pouco!

http://www.ibge.gov.br/paisesat/main.php
mapamundi interactivo de IBGE do goberno de Brasil

 
http://www.360cities.net/search?utf8=%E2%9C%93&query=london
panorámicas de 360 cidades do mundo