jueves, 29 de mayo de 2014

Tema 14 de Matemáticas: Tempo e diñeiro

Ola a tod@s!


Comezamos novo tema na área matemáticas, é o  14 do noso libro, "Tempo e diñeiro".

Estamos na recta final do curso. Un pequeno esforzo máis nun tema que vos vai resultar sinxelo. Estes son os conceptos que imos traballar.  

Tema 14
Tempo e diñeiro
Conceptos
·        Sistema sesaxesimal: expresión complexa e incomplexa.
·        Suma e resta con unidades de tempo.
·        Operacións con euros e devolucións.
·        Redondeo de prezos.


Cálculo mental
·        Multiplicar por 0,25.

Problemas
·        Redondear prezos.
Competencias
·        Aplicación práctica de conceptos.

Repaso
·        Operacións con decimais.



O reloxo




Sistema sesaxesimal





Moedas



Moedas e billetes






Unidades de tempo




Sumas e restas con tempos





viernes, 23 de mayo de 2014

CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFICOS nº 6

Ola cativ@s: Reanudamos a serie sobre os experimentos que estades a facer en clase, e aquí  tedes a presentación que fixo Álvaro coas fotos que sacamos da súa demostración, claro! da de Álex e del! Tamén vos damos acceso á súa ficha.

Ficha sobre "A auga que non cae", por Álex e Álvaro 

martes, 20 de mayo de 2014

Exame de Matemáticas do tema 12

EXAME DE MATEMÁTICAS

O martes, 27 de maiorealizaremos o exame correspondente á Unidade 12, "Peso e capacidade".

Nesta unidade, como na anterior, traballamos o sistema métrico decimal. Serán actividades similares que agora practicastes máis, así que, seguro que os resultados serán bos.

lunes, 19 de mayo de 2014

Comezamos o estudo da HISTORIA

Ola rapazas e rapaces, outra vez máis damos un salto en medio, e, nesta ocasión, ímonos á HISTORIA. Comezamos o tema 13 do voso libro: A PREHISTORIA E A IDADE ANTIGA EN GALICIA.

Que imos dar nel? Pois...

  • A Prehistoria e a cultura material antes da escritura.
  • A aparición da escritura: a Historia e as súas idades.
  • As primeiras civilizacións.
  • A civilización romana.
  • Os primeiros poboadores da Península Ibérica.
  • A romanización na Península Ibérica e en Galicia.
  • Elaboración de liñas do tempo e de esquemas de organización da información de acordo cun criterio cronolóxico.
  • Realización de fichas, clasificación e descrición de restos materiais e monumentos.
  • Iniciación á lectura de mapas históricos.
  • Respecto e valoración do patrimonio histórico e artístico como forma de expresión cultural e de coñecemento do pasado.
  • Valoración da cultura propia e respecto cara a outras culturas.
E onde entraredes para saber máis del?

A MÁQUINA DO TEMPO

mapa conceptual A PREHISTORIA
esquema da PREHISTORIA
a PREHISTORIA, actividades e avaliación -PROXECTO SILANDEIRA-
a IDADE ANTIGA, actividades e avaliación -proxecto SILANDEIRA-


E para repasar

Recursos creados polo colexio BRETÓN DE LOS HERREROS, Logroño




jueves, 15 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Xa sabedes que este ano se lle adica o Día das Letras a Xosé Mª Díaz Castro. 
Inserímosvos o seu poema Esmeralda -musicado por Antonio Mandiá, mestre de música do CEIP Fernández Latorre da Coruña e cantado por Icía, unha nena dese colexio- e uns enlaces que vos van servir para aprender moitas cousas sobre el.

Esmeralda

“Herba pequerrechiña
   que con medo sorrís
   ó sol que vai nacendo
   e morrendo sen ti,
   ¿por que de ser pequena
   te me avergonzas ti?
   ¡O Universo sería
   máis pequeno sen ti!”

Canción sobre o poema Esmeralda, recurso conseguido a través do blog http://nlmilladoiro.blogspot.com.es/2014/05/esmeralda.html






Estes recursos proveñen do CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE da Coruña, IES DÍAZ CASTRO de Guitiriz e do CEIP MILLADOIRO de Malpica.  GRAZAS A TODOS ELES!

O REAL XARDÍN BOTÁNICO de Madrid

Ola cativ@s de 5º, aquí tedes uns enlaces aos recursos educativos do Xardín Botánico de Madrid.

museo virtual

Linneo e a clasificación inventada por el


E para que saibades máis do Real Xardín Botánico, pegámosvos un enlace á súa páxina web.



APROVEITAMOS ESTA ENTRADA para avisarvos de que o próximo xoves, vinte e dous de maio, faredes o exame deste tema.

martes, 13 de mayo de 2014

MARINA SEOANE PASCUAL, ilustradora

Hoxe, martes 13, tivemos un encontro coa ilustradora Marina Seoane. Encantounos e aprendimos moito con ela.
Se picades na súa foto, entraredes na súa páxina web e poderedes saber moitas cousas dela e das súas obras!
A ilustradora Marina Seoane

AS PLANTAS: REPRODUCIÓN ASEXUAL ou VEXETATIVA

Ola raparig@s: Subímosvos un vídeo estupendo onde vos explican moi ben outro tipo de reprodución das plantas, a reprodución asexual ou vexetativa.


domingo, 11 de mayo de 2014

A FUNCIÓN DE RELACIÓN NAS PLANTAS

As plantas tamén a teñen, e para que o comprobedes, clicade nestes vídeos de YouTube.

Venus atrapamoscas


Tema 12 de Matemáticas: Peso e capacidade

Ola a tod@s!

Nos próximos días, na área de matemáticas, seguiremos traballando as medidas no  tema nº 12, " Peso e capacidade".

Aquí tedes a programación do novo tema. Podedes aproveitar e aplicar moitos dos coñecementos que traballastes no tema anterior. Practicade as actividades propostas!!

Tema 12
Peso e capacidade
Conceptos
·        Unidades de peso.
·        Múltiplos e submúltiplos do gramo.
·        Fraccións e múltiplos do kilo.
·        Múltiplos e submúltiplos do litro.


Cálculo mental
·        Sumar números de dúas cifras rematados en 9.

Problemas
·        Elixir os datos. Relación entre os datos para obter un determinado resultado.
Competencias
·        Aplicación práctica de conceptos.
Repaso
·        Operacións con decimais.



Peso e capacidade I


Peso e capacidade II


Peso e capacidade III


Sistema métrico decimal