viernes, 28 de marzo de 2014
jueves, 27 de marzo de 2014
APRENDER A BUSCAR NA REDE con EFICIENCIA
Ola moz@s: Como sabedes que nos preocupa que saibades buscar ben na rede, na internet, encontramos no blog da BE do CEIP Milladoiro de Malpica o seguinte enlace que vos poñemos aquí.
Por Olga Rodríguez e Charo Sánchez Gabriel |
Etiquetas:
a INTERNET,
búsqueda de INFORMACIÓN
miércoles, 26 de marzo de 2014
CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFICOS nº 5
Ola de novo, moz@s:
Publicamos a entrega nº 5 da nosa serie. Isto non vos ten fin. Que gusto dá ver que queredes continuar!
Publicamos a entrega nº 5 da nosa serie. Isto non vos ten fin. Que gusto dá ver que queredes continuar!
Experimento de Andrea e Emma |
Etiquetas:
coñecemento do medio,
facemos CIENCIA,
os nosos experimentos
martes, 25 de marzo de 2014
CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFIC@S, nº 4
Seguimos coas nosas entregas. Imos xa polo cuarto episodio da nosa serie.
Queredes saber de que vai esta? Picade, xa que logo, en...
Ademais, gravamos tamén un vídeo para facilitarvos a observación.
Por Celtia e Dani: A FORZA DA GRAVIDADE Imaxe collida de: http://dynamic.pixton.com/comic/4/m/4/c/4m4cupjqlczgra0l.png?1240393929 |
domingo, 23 de marzo de 2014
Matemáticas: Operacións con decimais
MATEMÁTICAS
Operacións con números decimais
Ola de novo:
Continuamos cos números decimais, pero neste novo tema imos practicar operacións con eles. Son tan sinxelas como as que realizades con números naturais. Só tedes que ser coidadosos e fixarvos no lugar que ocupa cada cifra e nas "comas". Practicade tanto como poidades!!
TEMA 7: OPERACIÓNS CON NÚMEROS DECIMAIS
| |
Conceptos
|
- Suma e resta de decimais.
- Multiplicar un decimal por un natural.
- Multiplicar e dividir entre 10, 100 e 1.000.
- División dun decimal entre un natural.
- Cocientes decimais en divisións entre números naturais.
|
Cálculo mental
|
- Multiplicar números de dúas cifras por 9.
|
Problemas
|
Inventar preguntas de acordo coas operacións que resolven un problema.
|
Competencias
|
- Aplicación práctica dos conceptos.
|
ENLACES
Operacións con decimais I
Operacións con decimais II
Operacións con decimais III
miércoles, 19 de marzo de 2014
Como nos explica Roi que temos que facer para calcular A DENSIDADE DE POBOACIÓN
lunes, 17 de marzo de 2014
OS VERTEBRADOS, novo tema de coñecemento do medio
http://www.animalesenpeligro.info/ |
Que imos dar? O tema segundo do voso libro de texto: OS ANIMAIS VERTEBRADOS, páxs. 16-29.
Que estudaremos nel?
- Características xerais dos vertebrados.
- Mamíferos: características xerais. Relación entre a dentición e a alimentación.
- Aves: características xerais. Relación entre a forma do bico e as egagrópilas, coa alimentación.
- Réptiles: Características xerais e alimentación.
- Anfibios: características xerais e alimentación.
- Peixes: características xerais e alimentación.
- Facer debuxos sinxelos, como esquemas anatómicos.
- Elaboración dun caderno de campo baseado na observación.
- Análise de formas de bicos, dentes, patas e outros detalles físicos de vertebrados, para relacionalos coa forma de vida de cada animal.
- Estudo das egagrópilas de diferentes aves para coñecer a súa alimentación.
- Aprendizaxe do uso dunha clave dicotómica para recoñecer animais.
- Valoración das especies que habitan a Terra. Identificación da postura de defensa da natureza coa da defensa da paz.
- Adquisición de argumentos para ter un consumo de alimentos de forma responsable e equilibrada e para opoñerse á contaminación das augas.
- Achegamento ao concepto de biodiversidade a través do estudo de diferentes formas de alimentación dos vertebrados. Desenvolvemento da afección por observar a natureza.
A onde iremos para saber máis ou para repasar...
VÍDEOS de YouTube
)VÍDEOS de YouTube
))
outros enlaces de interese...
Mapa conceptual OS VERTEBRADOS |
OS VERTEBRADOS |
http://boj.pntic.mec.es/ |
imaxe dunha campaña de WWF España -especies máis ameazadas- |
EDILIM do CEP Los Ángeles de CAMINOMORISCO (Cáceres) |
SUPERSABER -os mamíferos- |
miércoles, 12 de marzo de 2014
CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFIC@S, nº 3
Imos pola terceira entrega da nosa serie. Tiñades ganas de máis, a que si? Pois, aquí a tedes, a esperada, a desexada, a anhelada... terceira parte!
HABERÁ TAMÉN UNHA CUARTA, QUINTA, SEXTA, SÉTIMA... ENTREGAS.
)
)
Tamén vos poñemos este vídeo que non protagonizamos nós, pero no que desenvolven, con máis calma, o experimento.
)
HABERÁ TAMÉN UNHA CUARTA, QUINTA, SEXTA, SÉTIMA... ENTREGAS.
O OVO E A BOTELLA - A que somos capaces?- JOSÉ e QUIQUE |
Queredes ver como o preparamos en casa? Pois o podedes facer picando nos dous vídeos que subimos a YouTube!
Animádevos a facelo!
)
)
Tamén vos poñemos este vídeo que non protagonizamos nós, pero no que desenvolven, con máis calma, o experimento.
)
Etiquetas:
coñecemento do medio,
facemos CIENCIA,
os nosos experimentos
martes, 11 de marzo de 2014
BOAS MANEIRAS EN INTERNET
Cando e de que teremos exames?
- Xoves, 13: MEDIO, tema "A poboación de Galicia".
- Martes, 18: "MATES", tema "Os números decimais".
- Xoves, 20: INGLÉS, tema 4!
Etiquetas:
coñecemento do medio,
exames,
inglés,
matemáticas
domingo, 9 de marzo de 2014
OS NÚMEROS DECIMAIS
Ola a tod@s:
Neste tema ocuparémonos dos números decimais. A súa lectura, escritura, ordenación... Poñede moita atención xa que no vindeiro tema comezaremos a realizar operacións con eles. Ánimo!
Tema 6: Os números decimais
| |
Conceptos
|
Décimas, centésimas e milésimas.
Comparación de números decimais.
Redondeo á unidade máis próxima.
División entre 10, 100 e 1.000.
|
Cálculo mental
|
Multiplicar por 11.
|
Cálculo
|
Repaso operacións.
|
Problemas
|
Redondear prezos e facer cálculos aproximados.
|
Competencias
|
Aplicación práctica dos conceptos.
|
Etiquetas:
enlaces a páxinas educativas,
matemáticas,
números decimais,
programación
viernes, 7 de marzo de 2014
NOVOS TEMAS en español e galego
Ola de novo! Acabáronsenos as vacacións e volvemos ao traballo! Polo tanto, novos temas, novos conceptos...
OLLO! Non esquezades levar o estudo ao día, así se vos fará máis fácil preparar os exames.
LECTURA: AS LENDAS
VOCABULARIO
ORTOGRAFÍA
GRAMÁTICA: Os verbos
EXPRESIÓN ESCRITA: A descrición de lugares. OLLO! Tedes tres enlaces!
VÍDEO COA LENDA da Calzada dos Xigantes: O mito de Finn McCool
Giants Causeway Visitors Centre - The Myth of Finn McCool from The Pond Studio on Vimeo.
OLLO! Non esquezades levar o estudo ao día, así se vos fará máis fácil preparar os exames.
TEMA 8
|
LINGUA
ESPAÑOLA
|
LINGUA
GALEGA
|
Lectura
|
Los dos gigantes, páxs. 106-109
|
Cuarto sen xanela, páxs. 104-106
|
Lectura 2
|
La Calzada de los Gigantes, páxs. 116-117
|
Unha camiñada pola vía verde, páxs. 114-115
|
Vocabulario
|
Prefixos e sufixos, páx. 112
|
|
Ortografía
|
Palabras con h intercalada, páxs. 112-113
|
Escritura de contraccións, páxs. 110-111
|
Gramática
|
REPASO DO DADO
|
O
verbo: número e persoa, páxs. 122-123, TEMA 9
|
Expresión escrita
|
Suprimir o irrelevante, páx. 115
|
Describir un lugar, páx. 113
|
Expresión oral
|
Dar instrucións/Unha receita de
cociña, páx. 114
|
Localizar lugares/Sinalar onde nos
atopamos, páx. 107
|
LECTURA: AS LENDAS
A Calzada do Xigante |
VOCABULARIO
ORTOGRAFÍA
GRAMÁTICA: Os verbos
Mapa conceptual elaborado por Luísa Mª Arias Prada |
Pasos para describir Actividades que me van axudar a describir paisaxes |
Giants Causeway Visitors Centre - The Myth of Finn McCool from The Pond Studio on Vimeo.
Etiquetas:
a descrición,
as LENDAS,
contraccións,
lingua española,
lingua galega,
linguas,
o verbo,
prefixos e sufixos,
programación
jueves, 6 de marzo de 2014
MAFALDA unida na nosa escola ao 8 de MARZO, Día da Muller Traballadora
Ola raparig@s: Este ano, na nosa escola, a proposta do DO do cole unimos o 50º aniversario do nacemento de Mafalda e o Día da Muller Traballadora.
Para este día escolleuse o lema: "Igualdade para as mulleres: progreso para tod@s!"
E para que saibades un pouco máis dos dous temas, aquí tedes uns enlaces.
PARABÉNS, Mafalda! Aínda que o 29 de setembro farás os 50, que ben te conservas, que xove e actual estás!
Para este día escolleuse o lema: "Igualdade para as mulleres: progreso para tod@s!"
E para que saibades un pouco máis dos dous temas, aquí tedes uns enlaces.
TODO O QUE NECESITAS SABER SOBRE MAFALDA! |
PARABÉNS, Mafalda! Aínda que o 29 de setembro farás os 50, que ben te conservas, que xove e actual estás!
O Día da Muller polo DO do CEIP Condesa de Fenosa
E agora, escoitade a canción que ONU Mulleres presentou o 8 de marzo de 2013!
|
Etiquetas:
Día da Muller,
DO do CEIP Isidro Parga Pondal,
MAFALDA,
ONU Mulleres
Suscribirse a:
Entradas (Atom)