jueves, 30 de enero de 2014

AS FRACCIÓNS

MATEMÁTICAS, tema 4

Ola a tod@s:
Esta vez damos un salto para retroceder ata o tema 4 "As fraccións". Veredes que é un tema moi doado se o traballades con interese. Completarémolo co tema 5 no que realizaremos operacións coas fraccións. Entrade nos enlaces e practicade!!!
Tema 4: As fraccións
Conceptos
             Lectura e escritura de fraccións.
     Termos dunha fracción: numerador e denominador.
     Representación de fraccións na recta numérica.
     Comparación de fraccións.
     Fracción e unidade.
     Números mixtos.
Cálculo mental
             Sumar números de dúas cifras.

Cálculo 
          Repaso división e multiplicación.

Problemas
          Preguntas intermedias en problemas con varios pasos.

Competencias
          Aplicación práctica dos conceptos.



ENLACES


FRACCIÓNS




REPRESENTACIÓN DE FRACCIÓNS




COMPARACIÓN DE FRACCIÓNS



NÚMEROS MIXTOS




REPASAMOS FRACCIÓNS






DOAR SANGUE

Para ampliar a información que contén o voso libro de español no apartado de competencias do sexto tema:  Donar sangre: hacer un regalo, páxs. 88 e 89, ides entrar en...



domingo, 26 de enero de 2014

novo tema de medio AS PAISAXES DE GALICIA

Ola de novo, rapazada de 5º:


Preparados para un novo tema? Si! Verdade? Pois imos aplicar o que aprendimos en cursos anteriores sobre o relevo, os ríos, o clima, a vexetación e a fauna a GALICIA. No voso libro é o tema 11

Que aprenderemos nel?

  • As paisaxes e o solo de Galicia.
  • As formas do relevo na Comunidade.
  • Os ríos e os regatos galegos e a súa influencia na paisaxe.
  • Os climas galegos e as súas características.
  • A vexetación e a fauna de Galicia.

A que recursos podedes ir para aprender máis sobre o tema? Pois a... 


 O RELEVO DE GALICIA, por Carlos Sastre de Vicente
O relevo de Galicia




 OS RÍOS DE GALICIA e de España
Os ríos galegos EDILIM




 O CLIMA DE GALICIA
O clima de Galicia



 EDILIM, o clima de Galicia
EDILIM, O clima de Galicia



 FLORA e FAUNA de Galicia
A flora e a fauna galegas



MAPAS FLASH INTERACTIVOS DE GALICIA

 o RELEVO de Galicia
O relevo


 Onde está? O RELEVO GALEGO
Onde está? O relevo galego


 Ríos de Galicia
Ríos de Galicia


 OS RÍOS DE GALICIA. Onde están?
Ríos de Galicia. Onde están?

 COSTAS DE GALICIA
Costas de Galicia







viernes, 24 de enero de 2014

jueves, 23 de enero de 2014

TOCA PRACTICAR: RESOLUCIÓN de PROBLEMAS e SIMETRÍAS

Ola guapetóns e guapetonas:  Problemas ? E por que non? Cantos máis fagades, máis fácil vos vai ser entendelos!

E non esquezades repasar para o exame da semana que vén a simetría.

VEÑA, YOU CAN!



SIMETRÍA



martes, 21 de enero de 2014

TOD@S SOMOS IGUAIS!



Como xa sabedes, ao noso ciclo tócalle redactar un conto en equipo para o Día da Muller Traballadora (8 de marzo). E para que vaiades vendo por onde van os tiros, ímosvos colgar uns cantos enlaces.



La Cenicienta que no quería comer perdices, de NUNILA LÓPEZ SALAMERO


Una feliz catástrofe, de ADELA TURÍN

E aquí tedes outros contos máis:

 LA MITAD DE JUAN


El príncipe ceniciento



Viejos cuentos, nuevos finales


Sofía, la vaca que amaba la música



Rosa caramelo



Los colores, de Nunila López


El Príncipe Ceniciento

TÉCNICAS de ESTUDO e de APRENDIZAXE

E para que apliquedes o que vos explicou Xusto, o orientador do "cole", picade neste enlace que foi o que vos recomendou el. Veña, que se o facedes varias veces, veredes que útil vos vai ser para o futuro! SODES CAPACES!!!



EXAME dos TEMAs 9 e 10: As figuras e os corpos xeométricos



UNIDADES 9 e 10 DE MATEMÁTICAS

Ola a tod@s: 
O vindeiro MARTES, 28 de XANEIRO, teremos o control dos
 Temas 9 e 10 de matemáticas: As figuras e os corpos xeométricos.

Practicade a construción de triángulos, de hexágonos regulares, paralelogramos…

 Repasade a teoría!!: Polígonos (os seus elementos), clases de triángulos, clasificación de cuadriláteros, circunferencia, círculo, corpos xeométricos e os seus elementos…

Haberá algún exercicio de cálculo e tamén problemas.

IMPORTANTE!!!!


Non esquezades traer o material que precisades para este tema: Transportador, regra e compás.

lunes, 20 de enero de 2014

MENSAJES DEL AGUA, de Macaco

Esta si que é a que vos tedes que aprender. Perdoade pola confusión!


Mensajes del agua


E agora, un enlace a estoutro vídeo de YouTube que si ten a letra!


domingo, 19 de enero de 2014

novos temas de ESPAÑOL e GALEGO

Ola raparigos e raparigas: Aquí tedes a programación do tema 6 e os enlaces que podedes utilizar para repasar en casa.

TEMA 6
ESPAÑOL, páxs. 78 á 91, 96-97
GALEGO, páxs. 76 á 89, 94-95 e 99
Lectura
El vampiro negro, páxs. 78 á 81.
A pedra da area, páxs. 76 á 78.
Lectura 2
Donar sangre: hacer un regalo, páxs. 88 e 89.
O aire pode crecer, páxs. 86 e 87.
Vocabulario
Palabras polisémicas, páx. 84.
Ortografía
O guión, páxs. 84 e 85.
O til diacrítico, páxs. 82 e 83.
Gramática
Os pronomes persoais, páxs. 96 e 97.
Os pronomes persoais, páxs. 94 e 95.
Expresión escrita
Ordenar oracións, páx. 87.
Contamos unha experiencia persoal, páx. 99.
Expresión oral
Contar unha película -expresión oral- e Unha crítica de cine -comprensión auditiva-, páx. 86.
Seleccionamos información para identificar unha persoa -comprensión auditiva- e Presentamos a alguén brevemente -expresión oral-, páx. 79.

GRAMÁTICA

 OS PRONOMES PERSOAIS


os pronomes persoais


ORTOGRAFÍA

O guión





XOGO DE ORTOGRAFÍA





VOCABULARIO


jueves, 16 de enero de 2014

O RELEVO, enlaces que VOS RECOMENDADES

Ola cativ@s, aquí de novo! 
María, unha compañeira nosa, recoméndanos que entremos nestas dúas páxinas. Así aprenderemos aínda máis sobre os terremotos e os volcáns que, como ben sabemos, son dous axentes que contribúen a cambiar o relevo.







miércoles, 15 de enero de 2014

Practico O CÁLCULO MENTAL

Por que non o practico todos os días? Pois accedendo a este enlace o poderedes facer.



martes, 14 de enero de 2014

para repasar e practicar OS DETERMINANTES, a ORTOGRAFÍA e a ESCRITURA dun DIÁLOGO

Neste enlace que vos deixamos poderedes practicar e aprender máis sobre os determinantes.




E para repasar e practicar o uso do til nos ditongos e hiatos, ides picar nestoutra imaxe. Cando se vos abra, seleccionades TILDES e, cando entredes, picades en ditongos ou en hiatos e facedes as actividades que se vos propoñan.






MATEMÁTICAS, temas 9 e 10

Ola a tod@s:
Seguimos traballando a xeometría. No tema 9 estudamos as figuras planas e no tema 10 os corpos xeométricos.Teredes que dedicarlle un tempo ao estudo de conceptos (vértice, arista, tipos de triángulos, tipos de figuras planas, circunferencia...) pero tamén convén que sigades practicando o debuxo das figuras. Cando rematemos estas dúas unidades, realizaremos un control. 
Tema 9 : As figuras planas
Tema 10: Os corpos xeométricos
Conceptos
             Clases e elementos dos polígonos.
     Triángulos e cuadriláteros.
      Polígonos regulares.
      Construción de triángulos.
      Circunferencia e círculo.
      
       Prismas e pirámides. 
        Poliedros regulares. 
  Corpos redondos e de revolución.
  Introdución ao volume.
Cálculo mental
             Metade de números de dúas cifras.

Cálculo 
          Repaso división, multiplicación de cifras rematadas en ceros.

Problemas
          Estimar resultados dun problema antes de resolvelo.

Competencias
          Aplicación práctica dos conceptos.




ENLACES