viernes, 31 de mayo de 2013

CONTROL DE MATEMÁTICAS "A LONXITUDE"

Ola cativ@s!
Recordámosvos que o vindeiro mércores 5 de xuño realizaremos o control de matemáticas do
 tema 11 " A lonxitude".
Deseguido, amosámosvos o Powerpoint que fixo unha compañeira vosa e que vos pode servir de resumo do tema.
Botádelle unha ollada e repasade un pouquiño cada día, xa veredes como vos sae ben o control.
ÁNIMO!!




               Longitud 4º E.P. from santacruz2013

jueves, 30 de mayo de 2013

OS NOSOS TRABALLOS DE PLÁSTICA (Estarcido)

Ola de novo!!
Seguimos colgando na rede os traballos de plástica do alumnado de 4º.
Nesta ocasión, empregamos a técnica do estarcido utlizando témperas e cepillos de dentes.
Que vos parecen os resultados?       

  

                       Plástica (técnica do estarcido) - foto montaje

lunes, 27 de mayo de 2013

NOVAS PROGRAMACIÓNS TEMA 11 GALEGO E CASTELÁN

Ola nen@s!!

Aquí vos colgamos os novos temas  de lingua castelá e lingua galega que imos traballar nestes días.

Tomade nota!!

TEMA 11

LINGUA ESPAÑOLA, 

PRECIOSAURIO, páxs. 148 á 159

LINGUA GALEGA, 

UN TEMPO TOLO, 
páxs 162 á 175

Lectura

Preciosaurio, páx. 148.
TEXTOS POÉTICOS, Cousas do tempo de “Dona e Don”, de Helena Villar Janeiro, páx. 164.
Vocabulario
Campo semántico.
As frases feitas.
Ortografía
O h nos tempos compostos.
Por que, porque e porqué.
Gramática
Os tempos compostos.
Os adverbios e as preposicións, TEMA 15, páx. 226.
Expresión escrita
Palabras para ordenar.
Escribir un aviso.
Comunicación oral

Deixar mensaxes no contestador.
Literatura
A repetición.

Aprender a pensar

Autoconciencia. Como aprendemos mellor?
Melloro as miñas competencias
Comparamos textos.
Elaborar un calendario estacional.

Control Tema 9 "A luz e o son" + As Forzas

Ola raparig@s!

Comeza a recta final de cara a rematar o curso, polo que a partires de agora teremos controis cada semana.

Este venres 31 de maio  realizaremos o control de coñecemento do medio correspondente a:

                    Tema 9 "A luz e o son" 

                            
                                 
                                                                         
   

                                         Tema 10 " As forzas"

                   


Poñédevos as pilas e empezade a estudar!

PO - DE -DES !!! 

MOITO ÁNIMO!!

VISITA DA PROFE CECILIA

Ola,somos os nenos de 4º A.

Aquí vos deixamos un powerpoint que elaboramos  con motivo da visita ao noso colexio da nosa exprofesora Cecilia.


Cecilia, se estás vendo isto, esperamos que che guste.


Botámoste de menos e sempre estarás nos nosos corazóns.


Moitos bicos.




miércoles, 22 de mayo de 2013

Resumo tema 9 "A luz e o son"


Ola nen@s !!!
Son Celtia e fixen na miña casa un PowerPoint sobre o tema 9 de coñecemento do medio, "A LUZ E O SON".
Animádevos a velo e aprenderedes máis cousas das que sabedes e, ademais, de forma entretida.
Aquí o tedes:


A luz e o son from santacruz2013

Gustouvos?

Os nosos traballos de plástica


Ola!
Somos nós, @s alumn@s de 4º.
As nosas profesoras propuxéronnos facer uns  ramos de flores inspirados nun dos cadros de  Pablo Picasso. 
Aquí vos deixamos  os resultados.
Esperamos que vos gusten!!


martes, 21 de mayo de 2013

PÁXINA INTERESANTE para todos nós


Para entrar nos xogos correspondentes ao voso nivel, tedes que...
...baixar, á dereita,  un pouco ata encontrar o SEGUNDO CICLO.
...picade nel, e na páxina principal, arriba de todo, están os de terceiro de primaria; pero logo, baixando un pouco máis, atoparedes os de CUARTO!

Quen vos recomenda este enlace? Pois unha compañeira vosa? MOITÍSIMAS GRAZAS e continuade así: sendo boas cativas e cativos!

ACTIVIDADES INTERACTIVAS para nen@s de Primaria de EDUCALANDIA


martes, 14 de mayo de 2013

PROGRAMACIÓN MATEMÁTICAS TEMA 11 "A LONXITUDE"



Boas moz@s!

Nos próximos quince días na área matemática, traballaremos o tema nº 11 "A lonxitude". 

Aquí vos deixamos a programación do novo tema, botádelle unha ollada!

Tema 11
A lonxitude
Conceptos
O metro, o decímetro e o centímetro.
O milímetro.
O quilómetro. O hectómetro e o decámetro.
Cálculo mental
Sumar 21, 31, 41... a un nº de tres cifras.
Sumar 19, 29, 39... a un nº de tres cifras.
Problemas
Inventar un problema a partir dun debuxo e duns cálculos dados.
Competencias
Aplicación práctica de conceptos.
Repaso
Números e operacións.
Fraccións e decimais.
Tempo e diñeiro.

ENLACES RELACIONADOS CO TEMA 11:



lunes, 13 de mayo de 2013

Letras Galegas 2013


Ola rapazada!
 
Este venres, 17 de maio, conmemórase o Día das Letras Galegas. 
 
Este ano, o autor homenaxeado é Roberto Vidal Bolaño.
 
Para que coñezades un pouco  sobre a súa vida e obra, a continuación vos amosamos unha serie de enlaces que vos axudarán a descubrir  este autor contemporáneo relacionado co "mundo teatral".
 
No colexio CEIP Juan Fernández Latorre fixeron un divertido e educativo vídeo sobre el.


Actividades interactivas relacionadas ca figura de Roberto Vidal Bolaño:




miércoles, 8 de mayo de 2013

Teatro no centro cultural GARCÍA MÁRQUEZ de Mera

Ola cativas e cativos de 4º!
Como xa sabedes, o martes 14 de maio, imos ir ver como a compañía de teatro BERROBAMBÁN representa a obra "A folla máis alta", baseada no poemario "CONTATRÁS"de Paula Carballeira. E para que vos vaiades facendo unha idea dela colgámosvos un vídeo de YouTube elaborado por ese grupo teatral.

Vídeo promocional "A folla máis alta", de Berrobambán

martes, 7 de mayo de 2013

CONTROL DE MATEMÁTICAS


Ola de novo!
Recordade que esta semana, concretamente 
 o venres 10 de maio, realizaremos o control de matemáticas dos temas 8 "As fraccións" e 9 "Os números decimais".

Ide repasando e estudando!!

ÁNIMO!!
 

jueves, 2 de mayo de 2013

NOVOS TEMAS DE GALEGO E COÑECEMENTO DO MEDIO.


Ola rapazad@!!
Continuamos con novos temas.
Esta é a programación de Lingua Galega temporalizada para a primeira quincena de maio:

TEMA 10

LINGUA ESPAÑOLA, EL CAPITÁN TIBURCIO, páxs. 132 á 148

LINGUA GALEGA, FACEMOS FORZA, páxs. 138 á 161

Lectura

El capitán Tiburcio, páx. 132.
UN TEXTO NARRATIVO, A rebelión dos  electrodomésticos, de “Pé mais eu”, de Gloria Sánchez García, páx. 140.
Vocabulario
Repaso.
As palabras homófonas.
Ortografía
Verbos terminados en –bir.
Palabras con x e con s.
Gramática
A terceira conxugación.
Os pronomes persoais.
Expresión escrita
Escribir unha carta á directora.
Escribir un anuncio.
Comunicación oral
Falar sobre o transporte.
Propoñer solucións.



Aprender a pensar

Valorar. Podemos aprender do que pensan os demais?
Outros textos
Unha noticia.

Melloro as miñas competencias
Localizamos unha noticia.
Inventar un “eslogan”.

Enlaces relacionados co apartado de EXPRESIÓN ESCRITA, "Escribir un anuncio":
OS ANUNCIOS EN CLASE DE LINGUA, "prezi" feito por Teresa Fdez. Ulloa e Olga Linage Andrés

A LINGUAXE PUBLICITARIA NA PRENSA, material do MEC


En Coñecemento do Medio, o próximo tema a estudar será o Tema 9 "A luz e o son", páxs. 104  á 115.

Que traballaremos nel?
  •  A luz e as fontes luminosas.
  • A reflexión e a refracción da luz.
  • As características do son.
  • Relación do comportamento dos obxectos coa luz.
  • Explicación dos contidos a través de experimentos.
  •  Interese polo estudo dalgunhas leis da Física.

Enlaces relacionados co tema 9 "A luz e o son":

A LUZ , OBXECTOS, CORES E REFRACCIÓN.

A LUZ E O SON, RECURSOS ALQUERIA_TIC

CALOR, LUZ E SON, ACTIVIDADES

EXPERIMENTOS E CURIOSIDADES COA LUZ, vídeos