Ola rapaces e rapazas:
Como calquera destes días vos imos pasar unha proba sobre este tema que estamos a traballar en coñecemento, dámosvos un enlace que vos pode axudar! UTILIZÁDEO, que vos vai vir ben e así seredes quen de conseguir bos resultados! ÁNIMO e a por eles!
O PLANO E A ORIENTACIÓN
jueves, 28 de febrero de 2013
O PLANO
Etiquetas:
CEIP Isidro Parga Pondal,
coñecemento do medio,
exames,
o plano
domingo, 24 de febrero de 2013
novos temas de MATEMÁTICAS, ESPAÑOL e GALEGO
Ola cativos e cativas:
Temas novos, dos que vos imos poñer aquí os contidos.
MATEMÁTICAS
Tema 10
|
Tempo e Diñeiro
|
Conceptos
|
Unidades de tempo / Horas no reloxo analóxico e dixital.
Unidades de moeda.
|
Cálculo mental
|
Suma de números descompoñendo os sumandos.
|
Problemas
|
Resolución de problemas aplicando equivalencias de tempo e situacións de compra.
|
Competencias
|
Coñecemento dos aspectos cuantitativos e temporais da realidade.
|
Repaso
|
Números, operacións e problemas.
|
Aquí tedes un enlace para traballar as unidades de tempo co reloxo.
RELOXO DIXITAL E ANALÓXICO
LINGUAS ESPAÑOLA e GALEGA
TEMA
8
|
LINGUA
ESPAÑOLA, EL ARTISTA SABIO, páxs.
106 á 119
|
LINGUA GALEGA, UN MUNDO DE
MATERIAIS, páxs. 110 á 123
|
Lectura
|
El artista sabio, páx. 106.
|
UN TEXTO NARRATIVO, O garaxe, de “Brais e os demais”, de Manuel
Darriba, páx. 112.
|
Vocabulario
|
Sufixos para formar adxectivos.
|
Os sufixos (II).
|
Ortografía
|
O b nos verbos.
|
Palabras con h e sen h.
|
Gramática
|
A primeira conxugación.
|
Os determinantes: os demostrativos e os posesivos.
|
Expresión escrita
|
Facer unha invitación.
|
Describir os personaxes dun conto. . SUMARLLE a expresión escrita do tema 12 de lingua española, páxs. 160 á 173.
|
Comunicación oral
|
Falar sobre a xente.
|
Describir lugares.
|
Literatura
|
As lendas.
|
|
Aprender a
pensar
|
Desafiar. Como nos enfrontamos a actividades que nos resultan
difíciles?
|
|
Outros textos
|
||
Melloro as miñas competencias
|
Escribimos un correo electrónico.
|
Contar unha lenda.
|
Etiquetas:
CEIP Isidro Parga Pondal,
español,
galego,
matemáticas,
programación
martes, 19 de febrero de 2013
Control MATEMÁTICAS
RECORDADE que este venres 22 de febreiro teremos o control de matemáticas do Tema 5 "Rectas e Ángulos".
Acordádevos de traer o material necesario (regra, escuadra e cartabón, transportador, cores...).
Non vos esquezades de repasar as estimacións, o cálculo, a resolución de problemas... xa que volven caer neste exame.
Practicade e estudiade moito, ÁNIMO!!!
lunes, 18 de febrero de 2013
miércoles, 6 de febrero de 2013
AVISOS: TRABALLOS de español
Ola mozos e mozas:
Na próxima quincena tedes que realizar un traballo de investigación sobre o ENTROIDO. Levades un guión para realizalo, axustádevos a el e seguide os pasos que vos marcamos. ENTREGARÉDELO, como data tope, o venres 22 de febreiro.
NON O DEIXEDES PARA O FINAL, ide facendo todos os días un pouco, revisade o que escribides, corrixide os erros, dádello a ler a outras persoas, volvede corrixir, e, cando o teñades revisado e corrixido, pasádeo a limpo con letra clariña, en folios en branco. Poñédelle unha folla portada bonita na que fagades constar os vosos datos e para que asignatura o elaborastes, e OLLO!, non esquezades escribir o título do informe. Na última folla do traballo tedes que anotar a bibliografía, e debedes engadirlle a esta última páxina, un folio en branco.
SODES CAPACES DE FACELO MOI BEN! ÁNIMO E A POR UN TRABALLO BEN FEITO!

traballos que teño que entregar
lunes, 4 de febrero de 2013
NOVOS TEMAS de LINGUA GALEGA e ESPAÑOLA
Ola cativos e cativas de 4º:
Comezamos novos temas nas dúas linguas. E aquí tedes a táboa cos contidos que imos traballar neles.
Comezamos novos temas nas dúas linguas. E aquí tedes a táboa cos contidos que imos traballar neles.
TEMA 7 |
LINGUA
ESPAÑOLA:AVENTURA EN LA ANTÁRTIDA,
páxs. 92 á 105
|
LINGUA GALEGA: VIAXE ESPACIAL, páxs. 96 á 109
|
Lectura
|
Aventura en la Antártida, páx. 92.
|
UN TEXTO NARRATIVO, Astronautas, de “Os amores de
Bruno”, de Antón Cortizas, páx. 98.
|
Vocabulario
|
Sufixos para formar substantivos.
|
Os sufixos (I).
|
Ortografía
|
Adxectivos con v.
|
As contraccións do artigo.
|
Gramática
|
Os tempos verbais.
|
Os determinantes: o artigo.
|
Expresión escrita
|
Continuar un texto.
|
Facer un esquema.
|
Comunicación oral
|
Intervir nun debate.
|
|
Literatura
|
A rima.
|
|
Aprender a pensar
|
Concentrarse. Que facemos para concentrarnos mellor?
|
|
Outros textos
|
Un folleto.
|
|
Melloro as miñas
competencias
|
Consultamos a enciclopedia.
|
Elaborar un texto informativo.
|
Etiquetas:
CEIP Isidro Parga Pondal,
español,
galego,
programación
EXAME DE galego
Este venres, 8 de febreiro, faremos o exame do tema 6 de lingua galega. Así que, ide repasando para que ese día vos saia moi ben. ÁNIMO!
Etiquetas:
CEIP Isidro Parga Pondal,
exames,
galego
Suscribirse a:
Entradas (Atom)