jueves, 24 de noviembre de 2011

QUE IMOS DAR NO TEMPO QUE VAI DESDE O 21 de novembro ao 16 de decembro

Como sodes unhas nenos e uns nenos que tedes moitas gañas de aprender, pois ímosvos anotar que é o que imos facer nestes días:
  • MATEMÁTICAS
. Tema 4: A RESTA, páxs. 41 á 51.

. Contidos: A RESTA LEVANDO E A SÚA TÉCNICA. A RESTA DE NÚMEROS DE TRES OU MÁIS CIFRAS. A ESTIMACIÓN DO RESULTADO DUNHA RESTA. UTILIZACIÓN DE ESTRATEXIAS PARA LEVAR A CABO ESTIMACIÓNS. A PROBA DA RESTA E A RELACIÓN ENTRE A SUMA E A RESTA.  

. EXAME DOS TEMAS 3 E 4, na semana do 5 ao 9 de decembro!

  • ESPAÑOL
. Tema 3: LAS LÁGRIMAS DE JUSTINO, páxs. 32, 33 e 34; 35; 40 e 41; 62 e 63; 64 e 65.

. Contidos: LECTURA DO TEXTO. A POLISEMIA. AS ORACIÓNS E AS PALABRAS. A SÍLABA. O DITONGO. CLASES DE PALABRAS SEGUNDO O SEU NÚMERO DE SÍLABAS. FORMACIÓN DE ORACIÓNS CON SENTIDO. RECOÑECEMENTO DA ORDE DA SECUENCIA DO TEXTO NARRATIVO. RECONSTRUCIÓN DUNHA MENSAXE ESCRITA. IDENTIFICACIÓN DE ERROS EN MENSAXES ORAIS. VALORACIÓN E APREZO DOS TEXTOS LITERARIOS COMA RECURSO DE DISFRUTE PERSOAL. PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN EN SITUACIÓNS COMUNICATIVAS HABITUAIS.

. EXAME DOS TEMAS 2 e 3, ao redor do 9 de decembro!

  • GALEGO
. Tema 3: ESPANTALLO AMIGO, páxs. 30, 31 e 32; 38; 48 e 49; 58 e 59; 39; 33; 40 e 41.

. Contidos: LECTURA e IDENTIFICACIÓN DOS DATOS MÁIS IMPORTANTES DA LECTURA. O CONCEPTO DE SÍLABA E DITONGO. PALABRAS CON H.  VOCABULARIO RELACIONADO CO MOVEMENTO. ESCRITURA DE ANÉCDOTAS PERSOAIS. LECTURA E RECITADO DE POEMAS CO RITMO AXEITADO. SEGURIDADE E CONFIANZA CANDO SE FALA EN PÚBLICO. GUSTO POLA ORDE.

. EXAME DOS TEMAS 3 E 4, na semana do 12 ao 16 de decembro!


  • COÑECEMENTO DO MEDIO
. Tema 6 do libro: COÑECEMOS AS PLANTAS, páxs. 68 á 79.

. Contidos: AS PARTES DUNHA PLANTA E AS SÚAS FUNCIÓNS. A FLOR E AS SÚAS PARTES. A REPRODUCIÓN DUNHA PLANTA CON FLORES. ÁRBORES, ARBUSTOS E HERBAS de Galicia ou doutras partes. PROCEDEMENTOS XERAIS PARA ESTUDAR UNHA PLANTA. OS INCENDIOS FORESTAIS, AS SÚAS CAUSAS E AS ACCIÓNS PARA PREVILOS. LOCALIZACIÓN DE PLANTAS DO CONTORNO E CLASIFICACIÓN APLICANDO DIFERENTES CRITERIOS. VALORACIÓN DA IMPORTANCIA DAS PLANTAS.

. EXAME DO TEMA 6, na semana do 12 ao 16 de decembro!

miércoles, 21 de septiembre de 2011

BENVID@S AO COLE

Comezamos un novo curso, o 2011-2012, e que queremos del...
Pois, volo imos ir contando.